GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración concedeu 1,2 millóns de euros en un total de 225 subvencións para axuda ao funcionamento e proxectos culturais das entidades galegas no exterior

(28/06/2021)

Emigración concedeu 1,2 millóns de euros en un total de 225 subvencións para axuda ao funcionamento e proxectos culturais das entidades galegas no exterior

O orzamento destas axudas incrementouse ata os 1,2M€ ante as circunstancias covid.

 

Desta cantidade, a Secretaría Xeral destina 800.000 euros ao funcionamento dos centros, duplicando as cifras do ano pasado de cara a paliar os problemas causados pola pandemia. 

 

Esta convocatoria recolle axudas especificas para á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo. 

 

Na imaxe, a Agrupación Cultural Aires da Terra da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Na imaxe, a Agrupación Cultural Aires da Terra da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda destacou hoxe que este departamento autonómico aprobou a concesión de 225 solicitudes de entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e  a realización de proxectos culturais, accións de especial relevancia e promoción do Xacobeo dentro desta liña de axudas para o presente ano.

 

Esta orde de axudas conta cun crédito orzamentario de 1,2 millóns de euros, resultando beneficiadas un total de 225 entidades.

 

Como novidades, este ano puidéronse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e difusión da cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

 

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, actividades e desenvolvemento de accións relativas á promoción do Ano Santo.

 

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 800.000 euros, duplicando a cantidade destinada o ano pasado a este fin “debido a situación da covid-19, que reduciu enormemente a capacidade económica destes centros, moitos deles coas súas instalacións pechadas e as súas actividades paralizadas ou executadas vía telemática”, explicou o secretario xeral, quen engadiu que xa en 2020, esta partida foi incrementada ata un 50% pola mesma causa. “A Xunta é consciente da situación delicada que está a vivir a nosa colectividade a causa da pandemia. Non poden esquecer que nós estamos aquí para axudalos e apoialos”.

 

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de actividades culturais, sociais, de accións informativas e as promovidas pola mocidade. Finalmente, e como outra novidade desta convocatoria, a terceira liña destas axudas ten como obxectivo axudar á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas