GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica mañá, 1 de xuño, a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

(31/05/2021)

Emigración publica mañá, 1 de xuño, a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

As persoas ás que se lle requira máis documentación disporán dun prazo de cinco días hábiles.

 

Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior iniciaron a solicitude desta axuda para o estudo dun mestrado nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

 

Foto de arquivo da entrega de diplomas acreditativos aos bolseiros e bolseiras do curso académico 2019-2020

Foto de arquivo da entrega de diplomas acreditativos aos bolseiros e bolseiras do curso académico 2019-2020

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración publicará mañá, martes, 1 de xuño, a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME), co fin de que as e os solicitantes que sexan requiridos poidan aportar a documentación que se lles solicite. 

 

Deste xeito, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, é dicir, a partir do día 2 de xuño, para que acheguen os documentos que se lles requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa solicitude.

 

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”. 

 

Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior iniciaron a solicitude desta axuda para o estudo dun mestrado nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

 

Esta é a quinta edición das bolsas BEME, que este ano contarán cun aumento de prazas ata chegar ás 200. O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación de universitarias e universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas