GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración pon en marcha o programa de obradoiros presenciais e telemáticos para as entidades galegas do exterior

(08/05/2021)

Emigración pon en marcha o programa de obradoiros presenciais e telemáticos para as entidades galegas do exterior

A convocatoria publicarase nos primeiros días de xuño e ten como obxectivo que os centros galegos poidan ir recuperando a súa actividade habitual.

 

No 2020 a Secretaría Xeral da Emigración puxo en marcha a Aula GaliciaAberta que permitiu impartir estes obradoiros dende a plataforma dixital deste departamento, sumando máis de 405.000 visualizacións durante o pasado ano.

 

A finalidade do programa de obradoiros da Secretaría Xeral da Emigración é a de potenciar os costumes e tradicións galegas

A finalidade do programa de obradoiros da Secretaría Xeral da Emigración é a de potenciar os costumes e tradicións galegas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anuncia a posta en marcha do programa de obradoiros 2021 por parte do seu departamento autonómico.

 

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración volve poñer en marcha este programa que permitirá aos diferentes centros e entidades recuperar parte das súas actividades habituais de formación para os galegos e galegas do exterior.

 

Nos primeiros días do mes de xuño publicarase a nova convocatoria, e os obradoiros serán ofertados tanto de xeito presencial como telemático, para adaptarse á situación actual.

 

A finalidade do programa de obradoiros da Secretaría Xeral da Emigración é a de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos e galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia mediante a organización destes cursos formativos de folclore, artesanía, cociña e seminarios, que se organizan nas entidades e centros galegos do exterior. 

 

Os formadores e formadoras que imparten as distintas actividades son profesionais con experiencia nas distintas especialidades, seleccionados pola Secretaría Xeral da Emigración, e que viaxan aos diferentes centros dende Galicia. 

 

A Aula GaliciaAberta

 

Rodríguez Miranda recordou que en 2020 púxose en marcha a formación de disciplinas tradicionais galegas para a colectividade do exterior a través da Aula GaliciaAberta,  que sumou máis de 405.000 visualizacións durante o pasado ano.  

 

Este novo programa da Secretaría Xeral da Emigración permitiu complementar os obradoiros tradicionais, que achegaban aos centros galegos de todo o mundo unha profesora ou profesor desprazado desde Galicia, e que a causa da pandemia da covid-19 tivo que ser substituído por esta formación en liña. 

 

As clases, gratuítas e de libre acceso para todos os públicos, contaron tamén con titorías e vídeos promocionais das e dos docentes, que foron vistos por milleiros de galegos e galegas residentes en todo o mundo. Ás reproducións dos vídeos hai que engadirlle, ademais, ás visitas ao apartado da Aula GaliciaAberta, creado na páxina web do departamento autonómico e que rexistrou máis de 70.000 visitas.

 

A Arxentina, Brasil, O Uruguai,  México, Suíza, Alemaña, Venezuela, Portugal, os Estados Unidos de América, Chile e o Reino Unido foron os países de residencia da meirande parte das espectadoras e espectadores dos seminarios, unicamente superados por España, onde destaca a resposta obtida entre os galegos e galegas de Madrid, Cataluña, o País Vasco, Castela e León e a Comunidade Valenciana, ademais de na propia comunidade autónoma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas