GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta detalla o programa “Conecta co Xacobeo” para os galegos e galegas do exterior na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

(05/05/2021)

A Xunta detalla o programa “Conecta co Xacobeo” para os galegos e galegas do exterior na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

O vicepresidente primeiro presidiu, xunto ao secretario xeral da Emigración, a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

 

O programa “Conecta co Xacobeo” permitirá a participación activa no Camiño de Santiago dos galegos e galegas do exterior durante o Ano Santo, dándolle así un pulo ás entidades galegas.

 

Imaxe, na capital de Galicia, da reunión da Comisión Delegada do CCG celebrada esta tarde de xeito telemático

Imaxe, na capital de Galicia, da reunión da Comisión Delegada do CCG celebrada esta tarde de xeito telemático

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021.

 

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu, xunto ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas durante a cal se avanzaron as novas iniciativas previstas pola Xunta para a promoción do Camiño de Santiago entre as galegas e galegos do exterior, co obxectivo de darlle un pulo ás entidades galegas que viron limitadas as súas actividades a causa da pandemia.

 

Deste xeito, tal e como explicou Alfonso Rueda ás e aos membros da Comisión Delegada, a Secretaría Xeral da Emigración crea este programa, "Conecta co Xacobeo", para o Ano Santo que permitirá desfrutar do Camiño a 200 persoas, a proposta das entidades galegas do exterior, en concreto, de España e Europa, con idades entre 18 e 64 anos.

 

As beneficiarias e beneficiarios percorrerán a pé os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués pola Costa ou da Vía da Prata en 6 etapas. Durante estes tramos, as e os participantes coñecerán o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando. O programa, que conta cun orzamento de 300.000 euros, desenvolverase nas dúas primeiras semanas de agosto. Durante esta reunión, tamén se explicaron o programa especial de Axudas de Emerxencia que será publicado no DOG nos próximos días e que estará dotado de 500.000 euros ao tratarse dun ano marcado pola covid-19. 

 

A Comisión Delegada

 

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos e galegas de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan ás e aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. A estas hai que engadir dúas entidades máis que teñen o carácter de membros natos por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

 

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario alomenos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.  Esta é a segunda ocasión na que se reúne esta Comisión no que vai de ano, dada a peculiaridade que estamos a vivir na actual situación de pandemia e de cara a facer, así, un seguimento da situación das e dos galegos do exterior, tal e como sucedeu no pasado 2020.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas