GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Impulso á integración de inmigrantes a través do apredizaxe do idioma

(27/04/2021)

Impulso á integración de inmigrantes a través do apredizaxe do idioma

 

O SAMI de Lalín abre os cursos de alfabetización en linguas oficiais // Estas accións fináncianse con fondos europeos

 

El Correo Gallego

MARÍA RENDUELES27 ABR 2021

 

Impulsar o proceso de integración da poboación inmigrante a través da aprendizaxe de idiomas é un dos obxectivos que persegue o Servizo de Atención ás Migracións (SAMI) de Lalín, que puxo en marcha os cursos de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia.

Trátase dunha actuación enmarcada nas subvencións incluídas na orde do 6 de agosto de 2019, pola que se establecen as bases das axudas para as corporacións locais para programas de emerxencia social, inclusión da poboación xitana, inmigrantes e outros colectivos en risco de exclusión social. Unhas accións que están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

En total, os responsables do SAMI impartirán duascentas horas de formación a trinta persoas ata o próximo 18 de xuño. Trátase dunha acción que pretende favorecer o coñecemento dos idiomas galego e castelán como medio para a inclusión e a interacción dinámica da sociedade. En función do nivel de cada persoa participante establecéronse as esixencias das clases. O persoal docente conta con ampla experiencia no ensino de idiomas a cidadáns inmigrantes.

 

Hai que indicar que o Servizo de Atención ás Migracións de Lalín é un recurso especializado de carácter público que depende da concellería de Emigración, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta e o Ministerio de Traballo e Inmigracións.

Conta cun equipo interdisciplinar formado por un traballador social e unha licenciada en Dereito. A súa acción diríxese a persoas emigrantes, inmigrantes e emigrantes retornadas a Lalín, aos axentes sociais en contacto directo coa poboación inmigrante, empresarios e poboación en xeral.

O SAMI lalinense estrutúrase en dúas unidades. Unha é a destinada á de información, asesoramento e intervención social, que entre outras ten as funcións de información, orientación e xestión de recursos sociais; elaboración de itinerarios de inserción social e laboral con persoas en risco de exclusión; información e asesoramento na realización de xestións con outras administracións; tramitación de prestacións e pensións; información sobre recursos sociais, educativos, laborais ou sanitarios da localidade; información sobre trámites previos e posteriores ao retorno, e mediación e fomento da convivencia comunitaria.

A segunda unidade é de información, orientación e asesoramento xurídico, e facilita información e apoio na tramitación de permisos de residencia e traballo; visados, nacionalidade, reagrupamiento familiar; retorno, documentación para o trámite de pensións e homologación de estudos, entre outros.

Esta unidade tamén facilita información sobre programas formativos e de orientación laboral, intermediación e cantas axudas faciliten a insercción no mercado laboral. Tamén informan sobre a Lei de Estranxeiría e a normativa que a desenvolve, así como dos aspectos xurídicos relacionados coas migracións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas