GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos líricos

(13/04/2021)

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos líricos

Esta semana descubriremos a poesía contemporánea galega da man de Yolanda Castaño, os segredos da escaleira de Bonaval e a tradición oral do Camiño Portugués.

 

Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galega, Música e Artes escénicas.

 

"Araña", de Yolanda Castaño

"Araña", de Yolanda Castaño

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que os galegos e galegas do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

 

Nesta ocasión, destacamos Araña, de Yolanda Castaño, poesía galega contemporánea convertida en aprendizaxe universal no formato de videopoema. Trátase dun exercicio de creación artística multidisciplinario que quere conectar a tradición lírica secular galega co universo das tecnoloxías audiovisuais e o noso patrimonio natural.

 

No capítulo de Ciencia e historia galega pódese coñecer a historia de Os segredos da escaleira de Bonaval, un proxecto audiovisual arredor dos segredos da escaleira helicoidal obra de Domingos de Andrade, a quen a Real Academia Galega de Belas Artes lle dedicou en 2020 o Día das Artes Galegas. O documental parte de entrevistas a investigadores do Centro Superior de Investigacións Científicas, da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela que achega ao gran público as últimas descubertas sobre o proceso de concepción e de construción da escaleira de caracol deste convento.

 

No eido do Xacobeo, xa é posible coñecer Cantares de Tradicion Oral no Camiño Portugués, recollidos en localidades polas que pasa o Camiño por parte de Leni Pérez e Roberto Comesaña. Finalmente, en canto ao apartado musical, preséntanse dúas cancións tradicionais incluídas no disco Músicas de domingo, de Nelson Quinteiro e Brais Fernández.  

 

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e galegas do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas