GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Sangiao, galego retornado durante a pandemia: «Este era o momento para volver»

(05/04/2021)

Manuel Sangiao, galego retornado durante a pandemia: «Este era o momento para volver»

Desde Boqueixón imparte tutoriales de carpintería mentres monta o seu taller. É un dos 94 galegos que recibiu unha axuda do programa para retornados emprendedores

 

Manuel Sangiao, en su taller de carpintería de Lestedo, en Boqueixón

Manuel Sangiao, no seu taller de carpintería de Lestedo, en Boqueixón

 


redacción / a voz 04/04/2021

 

Hai un novo negocio en Lestedo, Boqueixón, co que o seu fundador nunca contara. Hai oito anos que Manuel Sangiao se foi a Londres, onde coñeceu á súa muller e traballou en varias multinacionais xestionando ximnasios, spas e centros de lecer. Como lle pasou a miles de galegos, a pandemia alterouno todo. A expansión do virus coincidiu coa necesidade de ter que coidar da súa nai de volta en Galicia e, aí, Manuel decidiu que chegara a hora de facer as maletas de novo. Antes de pórse a iso creou unha canle de carpintería en YouTube (Lapis de carpinteiro) e compartiu un par de vídeos creando deseños en programas informáticos que acumularon centos de visualizaciones. Aquel proxecto converteuse agora na súa nova profesión.

«Nacín cun martelo na man», reivindica este licenciado en INEF de 45 anos, que ata os 20 compaxinou o estudo co oficio de carpinteiro no taller do seu pai. «A miña formación é en ensino e levo toda a miña vida facéndoo, pero decidín mesturar as dúas cousas que sabía: ensinar e carpintería. Era o momento de volver», explica Sangiao, que a principios de setembro se instalou en Boqueixón e, aos dous meses, comezou a publicar tutoriales desde o taller que montou na casa. Converteuse nun traballo a tempo completo, dedicándolle xornadas de dez horas os sete días da semana.

 

O éxito da súa canle foi valorado polo programa de , Axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral de Emigración, cunha achega de 7.000 euros. A axuda servirá a Sangiao para terminar de acondicionar o seu taller, adquirindo novas ferramentas e impulsando unha web desde a que vender os seus produtos, como táboas de cociña ou cadeiras. «A miña idea é facelo sempre artesán, traballando con madeiras nobres e por demanda do cliente», apunta. As metas que ten agora por diante pasan por chamar a atención das marcas e aumentar o número de subscritores, a maioría, por agora, mexicanos. «É un mercado que me está acollendo moi ben», recoñece.

 

Nos vídeos ensina como montar un estudo de carpintería ou a utilizar as ferramentas que emprega, con tutoriales sobre que pasos seguir para automatizar unha fresadora, construír posavasos ou restaurar unha grellada oxidada. Incluso a recuperar unha vella bicicleta de estrada. «Algo hai que saber, pero non é tan difícil como a xente poida pensar. É todo ensaio e erro e, ao final, as cousas saen», conta desde o seu taller, cuxo funcionamento tamén partiu desa premisa. Por agora, xunto á súa nai e a súa muller, que dá clases a distancia de chinés a ingleses desde a súa casa en Boqueixón, di que «toca madeira» para que o seu negocio siga crecendo.

 

Preto de 300 retornados

 

Manuel Sangiao é un dos 94 emigrantes retornados que se beneficiaron das axudas da Xunta no 2020. Desde que este programa se puxo en marcha, case 300 persoas recibiron algún tipo de subvención. A iniciativa permite a emigrantes ou descendentes de galegos nados no estranxeiro regresar á comunidade para crear o seu propio negocio con ata 8.000 euros de axudas para sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en marcha da nova empresa.

A Secretaría Xeral de Emigración reactivou esta semana a nova liña de axudas, que poderán solicitarse ata o 30 de setembro. As subvencións alcanzan os 5.000 euros, aumentables en mil se a beneficiaria é unha muller e outros 2.000 en caso de facelo nun concello rural.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas