GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade ‘on line’, na que poden inscribirse as galegas e galegos retornados

(31/03/2021)

A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade ‘on line’, na que poden inscribirse as galegas e galegos retornados

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería e o período de inscrición remata o próximo 16 de abril.

 

Ofértanse 60 prazas por centro e a formación realizarase entre o 18 de maio e o 25 de xuño, cunha duración de 50 horas.

 

As galegas e galegos retornados poden optar a estes cursos co número do DNI ou do NIE

As galegas e galegos retornados poden optar a estes cursos co número do DNI ou do NIE

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021.

 

A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terán lugar entre o 18 de maio e o 25 de xuño deste ano cunha duración de 50 horas. Cada unha destas accións formativas estará titorizada por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro da Consellería, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo. As galegas e galegos retornados poden optar a estes cursos co número do DNI ou de NIE.

 

O período de inscrición para estes cursos, que contan con 60 prazas cada un, está aberto ata o vindeiro 16 de abril ás 15:00 horas. A relación de admitidas e admitidos será establecida en función da hora e do día de prematrícula das e dos candidatos. Toda a información sobre esta oferta formativa pode consultarse no apartado de teleformación da web da Consellería do Mar.

 

Os 60 admitidos e admitidas en cada curso deberán matricularse no centro de ensino correspondente nun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación da listaxe provisional de persoas admitidas no portal web de formación da Consellería do Mar. Pode consultarse a documentación precisa para facelo no Anexo II da orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na comunidade

 

Unha vez que remate o curso de teleformación realizarase un exame presencial en cada un dos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas