GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración recibiu case 140 solicitudes de axuda de entidades galegas do exterior para a realización de obras e adquisición de equipamentos

(09/03/2021)

Emigración recibiu case 140 solicitudes de axuda de entidades galegas do exterior para a realización de obras e adquisición de equipamentos

A maioría das solicitudes corresponden a centros galegos noutras comunidades autónomas, Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai.

 

Este programa conta cun orzamento de 575.000 euros e permitirá, como novidade, a adquisición de aplicacións informáticas de xestión integral.

 

Foto de arquivo realizada na sede de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, tralas obras de mellora da mesma

Foto de arquivo realizada na sede de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, tralas obras de mellora da mesma

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda destacou hoxe que este departamento recibiu case 140 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de obras e adquisición de equipamentos dentro da liña de 2021 que rematou o pasado 1 de marzo.   

 

Este programa conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros e este ano, como novidade, puidéronse acoller á mesma tódalas entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

 

Deste xeito, a maioría das solicitudes presentadas corresponden a centros galegos situados noutras comunidades autónomas, así como en Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai. Moitas das demandas céntranse en reparacións, habilitacións e reforma dos interiores e exteriores dos centros, así como á compra de equipamento diverso.  

 

Ademais, nesta convocatoria a Secretaría Xeral da Emigración inclúe tamén unha nova liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas integrais de xestión para a súa dixitalización, facilitando así, por unha banda, a relación coa administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación.

 

O obxectivo desta liña de axudas tamén foi colaborar coas entidades para a súa adecuación á actual época de pandemia. Deste xeito, moitos dos centros adquiriron material informático para facilitar a conexión on line, mobiliario específico, termómetros dixitais, equipos médicos e materiais de protección contra a covid. 

 

Os demandantes puideron solicitar ata o 80% do investimento total para  para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas