GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta facilitará o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade, aos que poden acceder as galegas e galegos retornados

(06/03/2021)

A Xunta facilitará o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade, aos que poden acceder as galegas e galegos retornados

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de convocar a décimo quinta edición das probas dirixidas ás persoas que non teñen ESO ou Bacharelato, requisitos mínimos esixidos para acceder á Formación Profesional para o Emprego. 

 

Preto de 36.300 galegos e galegas sen estudos participaron nestas probas desde que se convocaron por primeira vez en 2009.

 

A capacitación dos traballadores e traballadoras galegos é un dos eixos prioritarios das políticas activas de emprego da Administración autonómica, da que forma parte a Estratexia Galicia Retorna. 

 

O prazo para inscribirse nos exames finaliza o próximo 7 de abril

O prazo para inscribirse nos exames finaliza o próximo 7 de abril

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2021.

 

A Xunta acaba de publicar a décimo quinta edición das probas, coñecidas co nome de Competencias Clave, para facilitar aos traballadores e traballadoras galegas,  que non posúan os requisitos académicos da ESO ou do Bacharelato, o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, e polo tanto para incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo. A estas probas tamén poden acceder as galegas e galegos retornados.

 

O prazo para inscribirse nos exames finaliza o próximo 7 de abril. 

 

Estas probas, que están previstas para finais do mes de xuño, permiten acadar os requisitos mínimos que aseguran que os alumnos e alumnas posúen os coñecementos necesarios para realizar a formación correspondente aos certificados de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional. 

 

Para a realización destes exames, a Consellería de Emprego e Igualdade atenderá ás recomendacións que as autoridades sanitarias establezan consonte ao momento temporal nas que está previsto que as probas teñan lugar. O lugar prevese que sexa no Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra),  como nas últimas convocatorias

 

O modelo de solicitude está dispoñible na guía de procedementos de servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, procedemento TR306A. 

 

Galicia é pioneira na realización destes exames que se centran nas materias de lingua galega, castelá, inglés e matemáticas. A Administración autonómica realiza estas probas desde o ano 2009 e un total de 36.276 galegos e galegas que carecían dos requisitos académicos esixidos puideron igualmente acceder á Formación para o Emprego e aos certificados de profesionalidade. Son probas de avaliación sobre un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento, necesarios para todas as especialidades formativas e laborais. 

 

A mellora da cualificación profesional dos traballadores e traballadoras galegos é un eixo prioritario da Xunta de Galicia, e forma parte tamén da Estratexia Galicia Retorna da Secretaría Xeral da Emigración. O seu reto é a formación e capacitación ao longo da vida laboral dos traballadores e a mellora da cualificación dos colectivos a quen van dirixidas estas probas de avaliación. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas