GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta aproba as bases das axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

(25/02/2021)

A Xunta aproba as bases das axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

O Goberno galego aumenta a súa dotación para este fin, pasando dos 200.000 euros do ano anterior aos 500.000 que se destinarán este ano para aquelas e aqueles residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia. 

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de hoxe

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de hoxe

 

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021.

 

O Consello da Xunta aprobou hoxe as bases das axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19. Deste xeito, o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral da Emigración, destina 500.000 euros ás e aos residentes do exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarias o asistenciais. 

 

Estas axudas, que contarán en 2021 cun crédito orzamentario de 500.000 euros,  destínanse a persoas emigrantes galegas e o os seus fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, se atopen en situacións de emerxencia social, derivadas da situación de pandemia xerada pola covid-19. O pasado ano, esta convocatoria xa se viu incrementada ata os 200.000 euros debido aos problemas que comezaron a xurdir polo avance do virus nos distintos países.

 

Estes apoios económicos consisten en axudas de ata 3.000€ por persoa beneficiaria.

 

A covid-19 converteuse nunha pandemia global e as súas consecuencias sociais e económicas redundan no agravamento de situacións persoais que, nalgúns casos, levaron ao límite da exclusión social a familias galegas que viven en terceiros países, especialmente, en América, onde estes problemas veñen a sumarse ás propias dificultades das situacións económicas e sociais que se están a vivir neses lugares. 

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

O prazo destas axudas establecerase na orde na que se convoquen, que se prevé publicar no vindeiro mes de marzo e que a Xunta terá aberto ata novembro. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas