GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta difundirá dende o próximo sábado nas súas redes o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana

(25/02/2021)

A Xunta difundirá dende o próximo sábado nas súas redes o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana

Os secretarios da Emigración e Política Lingüística presentaron esta tarde a produción audiovisual do xornalista galego Pablo López, quen reconstruíu a historia deste edificio a través da memoria de varios das e dos seus membros.

 

Imaxe da presentación desta tarde

Imaxe da presentación desta tarde

 

Presentación de "A memoria viva"

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021.

 

As secretarías xerais da Emigración e de Política Lingüística, difundirán a través das súas plataformas web e redes sociais, a partir do próximo sábado, día 27, o documental A memoria viva a través do cal se pode coñecer a historia do Centro Gallego da Habana.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentaron hoxe, a través de Facebook Live esta produción audiovisual realizada polo xornalista galego Pablo López e que forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.  

 

O documental narra a historia deste emblemático edificio da man dalgúns das e dos seus protagonistas: emigrantes que aínda recordan a importancia que o centro tivo para o colectivo de galegas e galegos residentes en Cuba e que forman parte da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, quen recolleu o labor do Centro Gallego da Habana despois da súa disolución.

 

Antonio Rodríguez Miranda destacou que o Centro Gallego da Habana é algo máis que unha construción, “falamos dun edificio que ten corazón. De feito, na súa fachada conta con catro grupos escultóricos que representan o que a institución lles ofrecía aos galegos que chegaban a Cuba: educación, atención social e cultural, tanto na música como no teatro. Podería dicirse que é o edificio máis bonito co que conta a galeguidade no mundo, e as súas paredes gardan importantes e emocionantes historias”.

 

Pola súa banda, Valentín García incidiu “na importancia que tivo este epicentro cultural internacional na divulgación e coñecemento das grandes obras e autores e autoras do Rexurdimento galego, exercendo de mecenas, dando ao prelo e financiando volumes que fixeron posible as edicións de Rosalía, Curros ou Pondal”. “Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidade de lazos, que materializaron grandes fitos na historia do pobo galego, como o primeiro izamento da bandeira, a estrea da letra do himno ou os esteos da Real Academia Galega”, concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2021
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas