GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pilar Cancela sitúa en xuño o fin do voto rogado no exterior

(23/02/2021)

Pilar Cancela sitúa en xuño o fin do voto rogado no exterior


Crónicas da Emigración.

Carbajales, Vigo | 22 de febreiro de 2021


Pilar Cancela
Pilar Cancela, durante o último Pleno do CGCEE en 2018.

 

O Pleno do Congreso votará este martes a toma en consideración da Proposta de Lei para a reforma do voto exterior e a supresión do voto rogado, cuxa aprobación definitiva podería ser en xuño.

“Eu espero que a toma en consideración salga adiante e iso permítanos, nun período breve de tempo, constituír o relatorio lexislativo para poder debater o texto e que os grupos que consideren facer achegas fáganas e que podamos chegar a un acordo” de maneira, asegura a deputada socialista, Pilar Cancela, “que esa aprobación definitiva no Pleno do Congreso sexa antes de que termine este período de sesións, que é en xuño”.

A deputada socialista Pilar Cancela, que será a encargada de defender a Proposta de Lei presentada polo PSOE e o grupo confederal Unidas Podemos, lembra que “canto terminou a anterior lexislatura estabamos moi preto de conseguir un acordo, pero a convocatoria de eleccións xerais non permitiu concluír o traballo que se estaba facendo entre todos”. Segundo explica, o texto presentado “é o texto base que estaba xa practicamente para poder pecharse. Faltaban algúns detalles, pero eu creo é unha maneira de aproveitar o traballo que se fixo naquel momento e non empezar de cero porque xa había avances e xa deramos pasos neste sentido”.

Cancela explica que, “aínda que o PP tivo maiorías absolutas uns cuantos anos e nin sequera puxo en axenda a derrogación do voto rogado”, pero “entendemos que chegou o momento”.

A secretaria de Políticas Migratorias e do PSOE Exterior asegura que a “ínfima participación” nos procesos electorais “non é sostible nun estado democrático e de dereito”. Ademais, considera que tampouco é asumible “que exista unha cidadanía española de primeira e de segunda, segundo esteas no territorio español ou fóra das fronteiras físicas”.

Para Cancela é o momento de poñer fin ao voto rogado e lembra que a intencionalidade coa que se puxo era protexer o dereito do sufraxio pero “ao final o que fixemos foi atenazalo e dalgunha maneira case impedir o exercicio do mesmo e iso non é sostible”. “Cando se toman decisións e dáste conta que te equivocaches –asegura– o que corresponde é emendalo, o que sentimos é que vaiamos tan tarde, porque creo sinceramente que imos tarde”.

A proposta que será sometida á toma en consideración suprime a necesidade de rogar o voto de maneira que se enviará a documentación de oficio aos electores, que poderán descargarse a papeleta. As papeletas tamén deberán estar no consulado ou contar cun sistema de descarga. Ademais, proponse que en seis meses se leve a cabo unha verificación extraordinaria do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA).

As datas para o voto en urna será entre 8 e 3 días antes das eleccións para que cheguen a tempo e o reconto comezará cinco días despois das eleccións e concluirá transcorridos oito días desde as eleccións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas