GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración concedeu un total de 94 axudas para a posta en marcha de proxectos de galegas e galegos retornados emprendedores

(19/02/2021)

Emigración concedeu un total de 94 axudas para a posta en marcha de proxectos de galegas e galegos retornados emprendedores

Por provincias, 42 montaron o seu negocio en A Coruña, 35 en Pontevedra, 12 en Ourense e 6 en Lugo. 

 

Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados  que crearon proxectos empresariais apoiados a través da Xunta de Galicia.

 

O secretario xeral da Emigración anunciou que a nova liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados sairá proximamente cunha liña especial a causa da covid-19.

 

Foto de arquivo dun dos negocios -un viveiro de plantas- postos en marcha co apoio das Axudas ao retorno emprendedor da SXE

Foto de arquivo dun dos negocios -un viveiro de plantas- postos en marcha co apoio das Axudas ao retorno emprendedor da SXE

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as e os beneficiados do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor que convoca a Secretaría Xeral da Emigración.

 

A Coruña foi a provincia na que máis emprendedoras e emprendedores decidiron establecer os seus proxectos, 42, seguida de Pontevedra con 35 (21 deles na demarcación da Delegación de Pontevedra  e 14 na de Vigo), seguida da de Ourense, con 11; e da de Lugo con 6.  

 

Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e os galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Esta iniciativa autonómica permite ás e aos galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou, pola súa banda, que este programa de axudas ao emprendemento das e dos retornados sairá proximamente cunha liña especial a causa da covid-19, “xa que somos conscientes das dificultades que supón emprender e máis nun tempo tan complexo como o que estamos a vivir coa actual pandemia”.  

 

Trátase dunha liña de subvencións que ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma dos galegos e galegas residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

 

Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinada pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia e cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas