GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración incrementa ata os 1,2M€ as axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior ante as circunstancias covid

(10/02/2021)

Emigración incrementa ata os 1,2M€ as axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior ante as circunstancias covid

En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina 800.000 euros ao funcionamento dos centros, duplicando as cifras do ano pasado de cara a paliar os problemas causados pola pandemia.

 

Antonio Rodríguez Miranda, recorda que este ano poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía, e que se abre a convocatoria á  posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

 

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, ata o próximo 8 de marzo

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, ata o próximo 8 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 1,2 millóns de euros e que se destinará a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo. 

 

Como novidades, este ano poderanse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

 

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, posta en marcha de proxectos e desenvolvemento de accións relativas ao Ano Santo.

 

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 800.000 euros, duplicando a cantidade destinada o ano pasado a este fin “debido a situación da covid-19, que reduciu enormemente a capacidade económica destes centros, moitos deles coa súa restauración pechada e as súas actividades paralizadas ou executadas vía telemática”, explicou o secretario xeral, quen engadiu que, xa en 2020, esta partida foi incrementada ata un 50% pola mesma causa. “A Xunta é consciente da situación delicada que está a vivir a nosa colectividade a causa da pandemia. Non poden esquecer que nós estamos aquí para axudalos e apoialos”.

 

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade. Finalmente, e como outra novidade desta convocatoria, a terceira liña destas axudas ten como obxectivo axudar á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 8 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. 

 

O secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, destacou que “queremos chegar a todas as entidades nestes momentos de pandemia con todos os recursos dispoñibles”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas