GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegas e galegos do exterior

(06/02/2021)

Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegas e galegos do exterior

A Secretaría Xeral, en colaboración coas cinco dioceses galegas, foron quen de dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións.

 

A maioría das solicitudes proceden de Cuba, seguidas por Arxentina, Estados Unidos e Brasil

A maioría das solicitudes proceden de Cuba, seguidas por Arxentina, Estados Unidos e Brasil

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2021.

 

Case 2.300 galegas e galegos do exterior solicitaron documentación no último ano sobre a súa orixe familiar, ben a través da Secretaría Xeral da Emigración ou ben a través das cinco dioceses galegas coas que este departamento ten asinado un acordo de colaboración para este fin.

 

Deste xeito, tanto o departamento autonómico como as cinco entidades eclesiásticas recollen as demandas dos diferentes certificados relacionados con partidas de nacementos, bautismais, matrimonio e defuncións dentro do seu ámbito competencial de coordinación de asistencia e apoio ás persoas emigrantes galegas e as e os seus descendentes.

 

“É certo que houbo anos de moitas máis solicitudes, pero seguimos a ter, como se desprende da cifra de 2020, unha importante demanda de información sobre as orixes e antepasados dos nosos galegos do exterior”, explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. “Moitos deles queren saber se aínda lles quedan familiares en Galicia, e en moitos casos, necesitan esa información para poder realizar diversos trámites nos seus países e comunidades autónomas de residencia. Nós, dende a Secretaría Xeral, tramitamos todas as solicitudes que nos chegan a través directamente das nosas oficinas ou a través das nosas redes on line”.

 

A maioría das solicitudes das e dos emigrantes do exterior proceden de Cuba, nunha elevada porcentaxe, seguidas por Arxentina, Estados Unidos e Brasil.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas