GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración remata con Arxentina e Uruguai as xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29

(29/01/2021)

Emigración remata con Arxentina e Uruguai as xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29

Estas reunións formativas iniciáronse onte cunha videoconferencia co persoal técnico das oficinas de Venezuela. 

 

O obxectivo é ter todo preparado para poder axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social dada a grave situación xerada pola pandemia.

 

A Xunta de Galicia destinará este ano a esta liña de axudas 2,7M€ que veranse reforzados a través das axudas de emerxencia que se publicarán proximamente. 

 

Foto, na sede de Emigración na capital de Galicia, da xornada que tivo lugar esta mañá

Foto, na sede de Emigración na capital de Galicia, da xornada que tivo lugar esta mañá

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá na última xornada formativa sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se veu desenvolvendo nas últimas horas coas oficinas de información coas que conta a Xunta de Galicia nos países de América co obxectivo de ter todo preparado para axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social.

 

Na xornada de hoxe estivo tamén presente o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, así como o persoal técnico das Delegacións de estes dous paises. A dirección técnica da xornada estivo a cargo do subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño.  

 

Onte, as xornadas desenvolvéronse cos e coas responsables das oficinas de Venezuela, Brasil e Cuba.  

 

Deste xeito, Rodríguez Miranda recordou que a nova orde publicarase o próximo 29 deste mes no Diario Oficial de Galicia, cunha partida que consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros.  O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo. 

 

“O obxectivo destas reunións é ter aos nosos técnicos preparados para recibir as solicitudes das familias dos galegos residentes en Arxentina e Uruguai, de cara a que poidan axilizarse ante o impacto económico que está a producirse nestes dous países pola covid-19”, engadiu o secretario xeral.  

 

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas