GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os emigrantes retornados poden solicitar xa a acreditación da súa experiencia en sete cualificacións profesionais

(19/01/2021)

As e os emigrantes retornados poden solicitar xa a acreditación da súa experiencia en sete cualificacións profesionais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a convocatoria para este ano cun total de 1.209 prazas en sete cualificacións profesionais.

 

As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo 11 de febreiro. 

 

Este procedemento recoñece con carácter oficial e validez en todo o Estado a experiencia profesional ou formación non formal das traballadoras e traballadores galegos.

 

Máis de 14.000 galegas e galegos xa acadaron unha acreditación oficial a través desta iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2011 de xeito pioneiro

Máis de 14.000 galegas e galegos xa acadaron unha acreditación oficial a través desta iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2011 de xeito pioneiro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021.

 

As e os emigrantes retornados que así o desexen poden xa acreditar a súa experiencia en sete cualificacións profesionais a través da Consellería de Emprego e Igualdade, que acaba de abrir o prazo para inscribirse no procedemento para o recoñecemento da experiencia profesional. 

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou así a convocatoria para este ano que inclúe un total de 1.209 prazas en sete cualificacións profesionais: atención sociosanitaria a persoas no domicilio; en institucións sociais; servizos para o control de pragas; socorrismo en espazos acuáticos naturais; en instalacións acuáticas; operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural; e vixilancia e seguridade privada. 

 

As persoas interesadas en optar a estas acreditacións, de carácter oficial e validez nacional, poderán inscribirse ata o próximo 11 de febreiro. Toda a información precisa pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese?content=topic_0146.html.

 

As cualificacións convocadas seguen respondendo ás principais necesidades ou demandas de acreditación derivadas das profesións que actualmente están sendo máis necesarias para facer fronte á  pandemia. Hai sectores nos que se multiplicou a demanda de persoal. 

 

Os traballadores e traballadoras que obteñan a acreditación poden facela valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia. Isto facilitará ás persoas avanzar e progresar na súa carreira profesional e ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.

 

Galicia atópase á cabeza da formación certificable sendo pioneira en 2011 en impulsar o recoñecemento da competencia profesional a través do que se acreditaron xa a máis de 14.000 galegos e galegas. 

 

As cualificacións que se convocan, na maioría dos casos, son actividades ou profesións que por normativa, debido a razóns de saúde e seguridade, e co obxectivo de garantir un bo servizo ás e aos usuarios, esixen como requisito imprescindible para poder desempeñalas a posesión dun título o certificado de profesionalidade, que acredite a súa experiencia profesional.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas