GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC

(12/01/2021)

A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC

Entre as novas tendencias destacan as e os profesionais tecnolóxicos vencellados coa sanidade, coa robótica para a industria automobilística, atención telefónica e xestión de pedidos para o comercio electrónico e suprevisoras e supervisores de limpeza industrial.

 

A Xunta desenvolve  un estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego que avalíe os cambios nos requirimentos do mercado de traballo.

 

Estas áreas poden ser de interese para aquelas e aqueles galegos retornados que buscan iniciar unha aventura empresarial ou conseguir un emprego.

 

Emprego e Igualdade detecta actividades que precisan de persoal especializado e nas que o mercado laboral se mostra máis activo

Emprego e Igualdade detecta actividades que precisan de persoal especializado e nas que o mercado laboral se mostra máis activo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021.

 

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de detectar que, ao albur da crise sanitaria, existen actividades que precisan de traballadoras e traballadores especializados e nas que o mercado laboral se mostra máis activo. Entre estes nichos de emprego, a Xunta ve oportunidades en áreas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á sanidade, ao comercio electrónico, ás cadeas de montaxe industrial e á ciberseguridade. A educación, a atención domiciliaria da dependencia e a loxística ou a consultoría informática consolídanse tamén como nichos de emprego a pesares da crise sanitaria, que está a repercutir de xeito negativo noutros sectores da economía galega vencellados co comercio, o turismo ou a hostalaría. 

 

Deste xeito, estas áreas poden ser de interese para aquelas e aqueles galegos retornados que buscan iniciar unha nova aventura empresarial ou conseguir un emprego. 

 

A situación de nova normalidade fixo que unha ducia de sectores estean a demandar perfís de traballadoras e traballadores e incrementaran nos últimos meses de ano as cifras de afiliacións á Seguridade Social con respecto a 2019. Trátase das actividades sanitarias, emprego público, educación, sector automobilístico, limpeza industrial e de edificios, actividades administrativas na xestión de chamadas, TICs, dependencia, telecomunicacións, servizos técnicos de enxeñaría, loxística e distribución e da industria farmacéutica. 

 

Algunhas destas actividades xa viñan salientadas polo seu dinamismo na Guía de ocupacións con mellores perspectivas de emprego elaborada pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Observatorio de Emprego, antes da covid-19. Como a atención á saúde, na que xa se subliñaban as boas perspectivas de emprego para médicos de familia, persoal farmacéutico e técnicos en emerxencias sanitarias; ocupacións cualificadas ben posicionadas no mercado de traballo galego e que, pola influencia da covid, ven incrementada a súa presenza. 

 

Os novos retos tecnolóxicos vinculados á sanidade apuntan cara a futuras necesidades de técnicas e técnicos data scientist (para orientar as decisións a partir da análise de enormes cantidades de datos) e desenvolvedoras e desenvolvedores de apps (dirixidas á mellora da atención ás e aos pacientes).

 

Emprego público, automóbil, limpeza e informática

 

A gran oferta de emprego público impulsada dende a Xunta está a dinamizar tamén o mercado neste ámbito. Existe demanda crecente de profesionais ligadas e ligados á educación. O menor aforo nas aulas e a rotación de profesorado esixe de maior número de docentes e maior exixencia no uso de innovacións educativas. 

 

As afiliacións no último trimestre do ano evidencian, por outra banda, un incremento de traballadoras e traballadores no sector do automóbil, sobre todo na provincia de Pontevedra, onde se demandan para traballos de enxeñaría e ensamblaxe nas liñas de produción. Neste eido existen  perfís emerxentes, como persoal técnico en robótica e en diagnóstico por imaxe.

 

Tanto as actividades relacionadas coa limpeza, cos traballos de recollida e eliminación de residuos e a desinfección vense impulsadas, ao igual que as  actividades administrativas vinculadas á xestión de chamadas polo estímulo do comercio en liña. 

 

TICs, actividades de programación e consultoría informática atopan tamén un oco, animadas polo auxe do teletraballo e da ciberseguridade. A provincia da Coruña concentra neste caso un gran dinamismo con 2 de cada 3 novos empregos rexistrados no sector que, por outra banda, segue a demandar perfís emerxentes en materia de big data, desenvolvedoras e desenvolvedores de aplicacións de realidade virtual ou traffic márketing product manager, cuxa misión é xerar tráfico web dentro da xestión dun plan de medios dixital.

 

Dependencia, servizos sociais relacionados coa atención en institucións e a domicilio crean emprego. Tamén as telecomunicacións, os servizos técnicos de enxeñería e a loxística e distribución, esta última moi vencellada co estímulo do comercio en liña e o auxe das entregas de comidas a domicilio. 

 

Existe outro grupo de actividades cunha tímida evolución positiva no actual escenario de crise sanitaria como a industria farmacéutica, a industria química, a investigación e desenvolvemento, as actividades de seguros e a industria do papel. 

 

Adaptar a formación

 

O impacto das novas tecnoloxías emerxentes está modificando os requirimentos do mercado de traballo polo que, desde a Dirección Xeral de Formación e Colocación, se está a levar a cabo un Estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego. Trátase de coñecer os novos perfís para poder adiantarse ás necesidades formativas do futuro, tanto en competencias técnicas, como nas soft skills (competencias humanas como a creatividade, a xestión do tempo, a colaboración ou o pensamento crítico). 

 

A detección das áreas emerxentes de emprego vinculadas aos novos retos tecnolóxicos permitirá incidir na formación destas e destes novos profesionais e contribuír, a medio e longo prazo, á xeración de emprego de calidade para os galegos e galegas e, en definitiva, ao impulso económico da Comunidade. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas