GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destinou 1,6 millóns de euros en 2020 para apoiar a máis de 700 familias retornadas nos gastos extraordinarios derivados do seu regreso

(30/12/2020)

Emigración destinou 1,6 millóns de euros en 2020 para apoiar a máis de 700 familias retornadas nos gastos extraordinarios derivados do seu regreso

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas por galegas e galegos retornados de ata 38 países.

 

Por provincias, presentaron axudas extraordinarias para o retorno 327 da Coruña, 235 de Pontevedra, 96 de Ourense e 51 de Lugo.

 

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Lugo

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Lugo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020.

 

A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 1,6M€ para apoiar os gastos extraordinarios derivados do regreso de 709 familias galegas que volveron a Galicia. 

 

Tal e como explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda este programa de axudas extraordinarias destínase a persoas emigrantes retornadas e ás súas familias que regresaran á comunidade dende o exterior nos últimos dous anos e que necesitan apoio para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia.  

 

O obxectivo é facilitar o proceso de acompañamento a aquelas e aqueles galegos que regresaron a súa terra, e inclúe un complemento de 1.000 euros para as familias por cada filla ou fillo menor de idade ata o segundo, e de 1.500 para o terceiro e sucesivos.   

 

En total, presentáronse 902 solicitudes, aprobándose un total de 709. Por países, no continente americano destacan Venezuela, Arxentina e Brasil, mentres en Europa, o Reino Unido, Suíza e Alemaña encabezan o número de galegas e galegos que retornaron e solicitaron estas axudas. Como dato relevante, viuse reducido de xeito importante o número de retornadas e retornados procedentes de Venezuela que demandaron estas axudas, aumentando, paralelamente, o número de galegas e galegos procedentes da Arxentina. En total, presentáronse a estas axudas galegos e galegas procedentes de 38 países de todos los continentes.

 

Por provincias, recibiron axudas extraordinarias para o retorno en 2020, 327 da Coruña, 235 de Pontevedra, 96 de Ourense e 51 de Lugo, sendo as grandes vilas as que recibiron maior número de solicitudes (115 en A Coruña, 62 en Santiago de Compostela, 16 en Ferrol, 29 en Lugo, 8 en Monforte de Lemos, 37 en Ourense, 9 en O Carballiño, 6 en Barbadás, 120 en Vigo, 21 en Pontevedra, 9 en Vilagarcía e 8 en Lalín).

 

A este programa da Xunta poden acollerse as e os galegos de nacemento, as e os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga á conxugal e as e os descendentes das persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, se estableceran na Comunidade Autónoma galega.

 

O secretario xeral da Emigración recordou que no eido do retorno, en 2019 volveron a Galicia 6.574 cidadás e cidadáns galegos, convertendo a Galicia na comunidade autónoma con maior índice de retorno sobre as persoas que entran no país. “A estas cifras de retorno habería que engadirlle os familiares sen nacionalidade española que acompañan aos galegos retornados, e que son recollidos como inmigrantes nas estatísticas”, explicou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas