GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A presentación de solicitudes de estranxeiría poderá facerse de forma telemática

(02/12/2020)

A presentación de solicitudes de estranxeiría poderá facerse de forma telemática

 

O delegado do Goberno, Javier Losada, e a presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, asinaron un protocolo que facilitará o trámite

 

 


A Coruña 01/12/2020

 

 

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada avogou pola modernización da Administración para achegar a tramitación de expedientes e procedementos á cidadanía, «algo que é fundamental nos momentos actuais de pandemia». Nesta liña enmárcase o protocolo asinado este martes por Losada e a presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, e que posibilitará aos xestores a realización de trámites vinculados á Oficina de Estranxeiría que ata agora só era posible realizar de xeito presencial e con cita previa.

 

Con el, gañarase axilidade na instrución e resolución de expedientes, xa que unha parte serán revisados e cotejados polos propios xestores. Ademais, lógrase pór a disposición do público xeral un maior número de citas para a presentación persoal de solicitudes, xa que se eliminarán do sistema aquelas que van ser presentadas polos xestores administrativos.

 

O delegado do Goberno lembrou que as oficinas de Estranxeiría das catro subdelegacións do Goberno recibiron ao longo do pasado ano 19.723 solicitudes e atenderon 75.937 consultas.

 

A partir de hoxe, a cidadanía ten dous xeitos de presentar as solicitudes iniciais de autorización de residencia: persoalmente, mediante o sistema de cita previa, ou ben a través dos servizos dun xestor administrativo, para cuxo caso non será necesaria solicitar cita previa. Así mesmo, os xestores poderán realizar de xeito telemático trámites nos que non é necesaria a cita previa nin a comparecencia do interesado, como é o caso das solicitudes de renovación de autorizacións. No caso de que fose necesaria a presenza do interesado para algún trámite presencial citarase tamén a través do seu xestor. Finalmente, a notificación da resolución enviarase de modo telemático ao propio xestor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas