GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Facultade de Dereito de Ourense, nunha nova edición do seu programa de formación permanente, aborda o tema da nacionalidade

(11/11/2020)

A Facultade de Dereito de Ourense, nunha nova edición do seu programa de formación permanente, aborda o tema da nacionalidade



 Aurelia Álvarez, Francisca Fernández y Miguel Ángel Michinel durante la actividad en el Campus Remoto.
Aurelia Álvarez, Francisca Fernández e Miguel Ángel Michinel durante a actividade no Campus Remoto.


A Rexión Internacional 10/11/2020


Cunha xornada sobre propostas para reformar a lei de nacionalidade española a cargo da catedrática de Dereito Internacional Privado da Universidade de León Aurelia Álvarez, deu comezo unha nova edición do Curso de Actualización Xurídica. Na súa intervención, a relatora examinou as novas propostas de reforma da lei de nacionalidade española "que teñen como obxectivo eliminar o dano causado aos descendentes de emigrantes españois".

O curso, que forma parte por terceiro ano consecutivo do programa de formación permanente da Facultade de Dereito do campus de Ourense, está organizado pola profesora de Dereito Laboral e Seguridade Social e decana deste centro, Marta Fernández; a profesora contratada doutora en Filosofía do Dereito e vicedecana, Susana Álvarez, e a catedrática de Dereito Laboral e Seguridade Social e Coordinadora da Licenciatura en Dereito Francisca Fernández Prol.

Na presentación da actividade, esta última destacou que "en marzo tivemos que suspender esta actividade académica pola declaración do estado de alarma e agora retomamos a actividade con máis forza". En nome da organización, quixo agradecer de maneira especial a colaboración das áreas da facultade que participan nesta iniciativa propoñendo a cada unha delas un relator.

Pola súa banda, o catedrático de Dereito Internacional Privado da UVigo Miguel Ángel Michinel destacou "o compromiso da facultade coa actualización xurídica e en particular co profesorado" coa realización de iniciativas como este curso. Na presentación de Aurelia Álvarez, Michinel destacou que é "unha eminencia na materia" e que ten unha dilatada traxectoria e recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional. Na súa intervención, Álvarez analizou o dereito á nacionalidade española tendo en conta o contexto galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas