GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda destaca as máis de 120 solicitudes presentadas na liña de axudas ao retorno emprendedor

(02/11/2020)

Rodríguez Miranda destaca as máis de 120 solicitudes presentadas na liña de axudas ao retorno emprendedor

O secretario xeral da Emigración recorda así o remate do prazo de presentación destas axudas que permiten, aos galegos e galegas do exterior que regresan á comunidade, contar cunha axuda para poñer un negocio propio.

 

Aínda que a dotación inicial era de 400.000 euros, o elevado número de demandantes motivou un incremento do mesmo para atender a tódalas e tódolos interesados.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe o peche do prazo de solicitude da liña de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados que superou as 120 solicitudes presentadas.

 

Esta convocatoria ten como obxectivo colaborar cos galegos e galegas do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio.

 

Aínda que o orzamento inicial para esta liña era de 400.000 euros, o departamento autonómico tivo que incrementar a dotación de cara a poder atender a  tódalas e tódolos solicitantes.

 

Segundo apuntou o secretario xeral da Emigración, “este ano tivemos un número récord de solicitudes, algo a valorar, en especial, tendo en conta a difícil situación que estamos a pasar tanto en Europa como no resto dos países do mundo coa actual pandemia da Covid-19”.

 

“Os nosos emigrantes retornados contan cunha gran cultura do emprendemento, o que vén a axudar a que se enfronten  con moito ánimo ás tremendas dificultades coas que, nun ano coma este, se pode atopar alguén que quere montar unha empresa ou poñer en marcha unha iniciativa de negocio”, engadiu Miranda, quen destacou que, neste senso, “a Xunta de Galicia quere colaborar nun momento tan relevante como retornado e como emprendedor. O seu éxito non só serve para que os nosos retornados comecen unha nova vida, senón para que xurdan máis oportunidades de emprego para os propios galegos que sexan contratados por estes emprendedores”.

 

A liña de axudas permite fixar en 5.000 euros unha contía fixa para cada persoa retornada emprendedora, que poderá incrementarse ata 1.000 euros se se trata dunha muller, e ata outros 2.000 máis se o negocio se establece nun concello rural. “En total, poden conseguir ata 8.000 euros a través da Xunta de Galicia, o que significa un importante respaldo económico nos primeiros momentos dunha empresa”, rematou Miranda.  

 

A este programa da Xunta puideron acollerse os galegos e galegas de nacemento, as súas parellas e as e os descendentes das persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, se estableceran na Comunidade Autónoma

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas