GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Todos os mozos inmigrantes que traballaron no campo durante a pandemia terán autorización de residencia e traballo durante polo menos 2 anos

(30/09/2020)

Todos os mozos inmigrantes que traballaron no campo durante a pandemia terán autorización de residencia e traballo durante polo menos 2 anos


mujer

 

• Poderán solicitar a mesma autorización os mozos que, sendo contratados no sector agrario teñan cumprido 22 anos durante a vixencia do Real Decreto Lei 13/2020

• Achégase así seguridade xurídica a todos os mozos que co seu labor están a contribuír ao sostemento dun sector esencial nun momento de crise
 


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

30/09/2020

 

A Secretaría de Estado de Migracións publicou unha instrución pola que se establece que todos os mozos, estranxeiros de terceiros países, que se acolleron ao Real Decreto-lei 13/2020 do 7 de abril, terán unha autorización de residencia e traballo de 2 anos, renovables por outros 2.

No mes de abril e co fin de achegar unha resposta adecuada á situación de emerxencia ocasionada pola Covid-19, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación adoptou medidas urxentes en materia de emprego agrario para favorecer a contratación temporal de traballadores. Neste sentido, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións achegou ao Real Decreto dous supostos, que permitían acollerse a esta medida extraordinaria a traballadores migrantes en situación regular cuxo permiso de traballo fóra a concluír antes do pasado 30 xuño, e a mozos nacionais de terceiros países entre os 18 e os 21 anos que se atopen en situación regular.

De acordo coa prórroga acordada mediante o Real Decreto-lei 19/2020, do 26 de maio, ditas medidas atópanse vixentes ata hoxe, 30 de setembro de 2020. A instrución impulsada hoxe desde a Dirección Xeral de Migracións achega seguridade xurídica a todos estes mozos que co seu labor están a contribuír ao sostemento dun sector esencial nun momento de dificultade para o noso país. A inclusión social destas persoas está a verse impulsada con esta primeira oportunidade laboral. Por iso e en base á disposición adicional segunda da Real Decreto-lei 19/2020 do 26 de maio, establécese que, tras a finalización da vixencia da devandita norma, estes mozos accederán a unha autorización de residencia e traballo, válida en todo o territorio nacional, sen límites xeográficos ou de actividade e sen aplicación da situación nacional de emprego. Para evitar prexuízos a estes mozos, así como aos empresarios, a Secretaría de Estado de Migracións emite a instrución DGM 9/2020 que permite a estes mozos presentar a súa solicitude nun prazo dun mes, tras a finalización da vixencia do Real Decreto en cuestión (entre o 1 e o 30 de outubro de 2020).

Así mesmo, e no caso daqueles mozos cuxo contrato estivese en vigor a data 30 de setembro, a presentación da solicitude durante o prazo previsto tamén lles prorrogará o dereito para traballar. Os requisitos para obter esta autorización de dous anos, prorrogables por outros dous, están recollidos na instrución e son relativos á actividade continuada durante o período de referencia; isto é, do 9 de abril ao 30 de setembro de 2020.

 

Esta medida alcanza a aqueles mozos estranxeiros que foron contratados no sector agrario durante a vixencia do Real Decreto-lei 19/2020, aínda que poderán solicitar esta mesma autorización de residencia e traballo aqueles mozos que, atopándose en situación regular, foron contratados no sector agrario e cumpriron 22 anos durante a vixencia da citada normal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2020
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas