GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitude de Axudas para os Galegos do Exterior en situación excepcional de emerxencia

(04/08/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitude de Axudas para os Galegos do Exterior en situación excepcional de emerxencia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria, que busca paliar situacións sobrevidas derivadas de problemas sanitarios graves, catástrofes naturais ou outras causas que esixan dunha actuación urxente.

 

Búscase atender, de modo prioritario, as situacións de necesidade que se están a producir en moitos países como consecuencia da pandemia da Covid-19.

 

Con este obxectivo, o programa conta cun orzamento de 200.000 euros que se poderá triplicar se fose necesario, e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro.

 

Prazo de inscrición aberto, ata o 15 de novembro de 2020

Prazo de inscrición aberto, ata o 15 de novembro de 2020

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega, residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, e que precisen dunha actuación urxente. Os interesados terán desde mañá e ata o 15 de novembro para solicitar a súa axuda.

 

A activación do programa busca atender, de modo prioritario, as situacións de necesidade e dificultade que se están a producir en moitos países como consecuencia da actual pandemia da Covid-19. Con este obxectivo, o programa conta cun orzamento de 200.000 euros que se poderá triplicar se fose necesario. 

 

Trátase de apoios con carácter persoal e intransferible, que non orixinan ningún dereito subxectivo para as persoas beneficiarias, e incompatibles con calquera outra das reguladas pola Secretaría Xeral da Emigración ou organismos públicos para os mesmos conceptos. A contía adaptase á situación social e de necesidade da persoas beneficiarias.

 

Os requisitos para obter unha destas axudas é carecer de rendas, ingresos e patrimonio para facer fronte á situación descrita, e acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude (como máximo nos últimos doce meses) e que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente.

 

Paliar situacións de marxinación social ou dependencia

 

Entre as razóns especificadas para solicitar estas axudas está, por exemplo, a de atoparse no exterior en situacións de marxinación social ou de tal grao de dependencia que a persoa solicitante non se poida valer por si mesma e non teña cuberta a necesidade de atención por ningún medio. Ou sufrir situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar, e carecer de medios para paliar esta situación.

 

Tamén ampara esta convocatoria situacións derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección nacionais dos países nos que reside a persoa beneficiaria, ou as situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea debidamente cuberto ou con respecto dos cales a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa.

 

Beneficiarios da convocatoria

 

Igualmente, quedan cubertas por esta convocatoria as situacións sobrevidas derivadas de graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval, e aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.

 

Trátase dunha iniciativa da que pode resultar beneficiaria calquera persoa emigrante galega, así como os descendentes en primeiro grao, que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido legalmente para este recoñecemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2020
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas