(16/07/2020)
Laya: “Temos un compromiso de Goberno de cambiar o voto rogado e poñeremos en breve unha proposta para cambialo”
Redacción, Madrid | 16 Julio 2020 - Crónicas da Emigración
A ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, afirmou que “temos un compromiso de Goberno de cambiar o voto rogado e poñeremos en breve unha proposta para cambialo, para compasalo á realidade do século XXI”. A ministra fixo esta afirmación no programa ‘En Jake’, da ETB, no que, entre outros temas, valorou os resultados das últimas eleccións autonómicas.
“A participación nestas eleccións tennos que facer pensar”, asegurou González Laya, que fixo mención á pandemia e as tradicionais trabas dos residentes no exterior para emitir o seu voto como factores que impediron unha maior participación nos comicios do pasado domingo.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas