GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A colección “Clásicos da emigración” incorpora unha novela de Antón Paz Míguez

(13/07/2020)

A colección “Clásicos da emigración” incorpora unha novela de Antón Paz Míguez

“Da emigración. Notas d’un galego” é unha novela na que Antón Paz Míguez proxectou as duras condicións vitais e laborais dos galegos e galegas que sobrevivían lonxe da terra. 

 

É tamén o cuarto volume da colección Clásicos da emigración coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral da Emigración recuperan, en edición facsimilar e con estudos introdutorios, obras fundamentais para entender o fenómeno migratorio. 

 

O profesor e investigador Xavier Castro Rodríguez é o encargado de facer o estudo preliminar. 

 

Xunto coa publicación, o CCG presenta a entrada de Paz Míguez no Álbum de Galicia.

 

A colección 'Clásicos da emigración' é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

A colección 'Clásicos da emigración' é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2020.

 

O cuarto volume da colección Clásicos da emigración recupera a novela Da emigración. Notas d’un galego escrita desde as anotacións dun galego fiel coñecedor dos universos galego e arxentino. Paz Míguez estruturou a novela como unha viaxe de ida e volta con final aberto, adobiada coas circunstancias e peripecias vividas polo protagonista ao longo de varios anos residindo na Arxentina. Pablo, o protagonista, vive un conxunto de peripecias persoais que o autor quere proxectar sobre o prototipo de emigrante galego: a dura viaxe no barco, o engano, a soidade, a situación do idioma, a visión pesimista da realidade, o retorno… Personaxes paradigmáticos, difíciles condicións humanas e aspectos de didactismo e ensinanza comúns marcan os alicerces dunha narración moi interesante, escrita en clave testemuñal para un mellor coñecemento do que foi a vida das e dos desterrados galegos.

 

Paz Míguez

 

O Consello da Cultura Galega acompañou a presentación desta publicación coa publicación da entrada do seu autor, Paz Míguez, no Álbum de Galicia. Naceu na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño de 1911, onde vidiu ata os 18 anos, que emigrou a Arxentina. Primeiro estivo traballando nun negocio familiar na cidade portuaria de Rosario ata que decidiu trasladarse á capital do país. Paz Míguez coñeceu en primeira persoa a situación das e dos compatriotas galegos (condicións laborais, relacións humanas, desterro, morriña…), que acabaron sendo motivo esencial e recorrente das súas principais novelas: Da emigración. Notas d’un galego (1936) e O Adán que non quixo voltar ó Paradiso (1992). Realizou varias viaxes entre a Arxentina e Galicia e foi en Bos Aires onde acabou formando unha familia e pasou a derradeira etapa da súa vida. Faleceu no ano 2003.

 

Colección Clásicos da emigración

 

La emigración en Galicia publicada por Ramón Castro López en 1923 foi o punto de apertura dunha colección de libros que, baixo o título Clásicos da emigración, pretende ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aquelas e aqueles que a viviron desde os seus países de destino como para quen os viron marchar.

 

A colección está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías, e que así poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúne as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes está prologado por un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outras e outros.

 

Arquivo da Emigración Galega

 

O Arquivo da Emigración Galega é un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar. Entre as súas áreas de traballo está a difusión de estudos sobre o fenómeno migratorio, a través de publicacións de obras de interese cultural e científico. Está dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e conta entre os seus membros con Pilar Cagiao, Anxo Lugilde, Antía Perez ou Luís Domínguez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas