GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega, incluído na Estratexia Galicia Retorna, para o fomento do emprendemento feminino

(07/07/2020)

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega, incluído na Estratexia Galicia Retorna, para o fomento do emprendemento feminino

O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. 

 

A convocatoria deste ano reforza a ‘liña Activa’ destinada a axudar ás empresas que están a atravesar unha situación económica adversa que se viu agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19.

 

O programa Emega é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Emega é unha das máis de medio cento de medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. O seu obxectivo é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres. 

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.

 

A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, a través do programa operativo do FSE Galicia 2014-2020. Como novidade, nesta orde darase maior énfase as axudas da liña Activa, dirixida á reactivación e a consolidación de empresas a través de incentivos para a renovación, a ampliación ou o cambio de localización cos que paliar unha situación económica adversa, agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19.

 

Desta forma, con estas axudas preténdese garantir a pervivencia das empresas no actual contexto derivado da pandemia. Por iso,  se flexibilizan os criterios de acceso sen que se requira que o negocio teña máis de tres anos ademais de valorarse o emprego mantido neste período. 

 

Ademais da liña Activa, o programa Emega implementa outras tres liñas específicas: a ‘Emprende’, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; a ‘Innova’, para fomentar a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; e a ‘ITEF’, para promocionar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres.

 

A maiores, establecese a axuda complementaria ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas súas dúas modalidades: a destinada a promotoras e para persoas traballadoras por conta allea. 

 

Poderán ser beneficiarias das axudas as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans ‘Innova’ ou ‘Activa’ no período comprendido entre o 1 de agosto de 2019 e a data do fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que comeza mañá e prolongarase durante un mes.

 

Contía das axudas

 

A contía das axudas dependerá da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na ‘Emprende’ irán de 8.000 a 20.000 euros; na ‘Innova’, de 12.000 a 20.000; na ‘Activa’, de 6.000 a 15.000; e na ‘ITEF’, de 16.000 a 40.000.

 

No caso das axudas complementarias da liña ‘Concilia’, os incentivos serán de 3.000 euros por empresa na modalidade Concilia-promotoras e dun máximo de 5.000 euros na de Concilia-persoas traballadoras por conta allea. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas