GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A JEC insta o Goberno para que facilite o voto dos españois que están temporalmente residindo no exterior

(02/07/2020)

A JEC insta o Goberno para que facilite o voto dos españois que están temporalmente residindo no exterior

 

Redacción, Vigo | 01 Julio 2020 - Crónicas da Emigración

 

A Xunta Electoral Central (JEC) instará á Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares a que promova de forma inmediata as xestións e negociacións diplomáticas que sexan posible, en orde a facilitar o exercicio do dereito de sufraxio polos votantes que se atopan temporalmente no estranxeiro (voto ERTA).

Esta resolución está motivada pola petición realizada polo subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno da Xunta de Galicia que trasladou as queixas de electores residentes no estranxeiro que desexan participar nas eleccións do 12-J e non poden presentarse na oficina consular correspondente por mor das restricións de mobilidade pola pandemia do Covid-19.

Ademais, na súa última sesión, a JEC contestou, a unha petición do BNG, que xa non era posible remitir a documentación electoral aos electores que figuran no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) que tramitaran a súa petición para as eleccións do mes de abril que se suspenderon polo coronavirus. Os nacionalistas apoiaban esta petición nas incidencias que se están producindo na tramitación do voto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2020
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas