GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Eleccións galegas: A JEC amplía o prazo do voto por correo, tamén CERA e ERTA

(04/06/2020)

Eleccións galegas: A JEC amplía o prazo do voto por correo, tamén CERA e ERTA


EFE/Kiko Huesca

EFE/Kiko Huesca

A Rexión Internacional
Axencia EFE 04/06/2020


A Xunta Electoral Central (JEC) decidiu prorrogar de forma excepcional o prazo de depósito do voto por correo e tamén para a solicitude do voto para os electores que residen de forma permanente no estranxeiro (CERA) e dos electores residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA), ata o 16 de xuño, para que poidan participar nas eleccións ao Parlamento galego e vasco que se celebran o 12 de xullo.

A JEC indica na súa resolución do 3 de xuño que amplía o prazo tras estudar "os informes favorables" e os escritos das Xuntas Electorais das Comunidades Autónomas do País Vasco e Galicia que solicitaron esta ampliación como consecuencia das “limitacións á mobilidade” que derivan da situación sanitaria como consecuencia da pandemia por Covid-19.

En canto ao voto por correo de residentes en España, vistas as circunstancias que expón a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, acórdase, informa o documento ao que Efe accedeu, a ampliación do prazo de depósito do voto por correo ata o venres 10 de xullo de 2020, nos horarios habituais de apertura das oficinas de Correos, e como máximo ata as 14 horas.

De igual forma, os cidadáns que residen no exterior poderán solicitar o voto ata o 16 de xuño. Tamén se amplía o prazo do envío por correo aos Consulados do voto dos electores inscritos o CERA que opten por esta opción ata o día anterior ao día da votación, isto é ata o sábado 11 de xullo.

Por conseguinte, esténdese tamén o prazo do depósito do voto en urna nos Consulados dos electores inscritos o CERA ata a hora prevista para o peche dos colexios electorais na península.

“Como se fixo noutros procesos electorais nos que concorreron circunstancias extraordinarias que levaron a ampliar o prazo de depósito en urna nos Consulados, o venres 10 de xullo os sobres depositados polos electores e os recibidos por correo ata esa data, xunto coa acta expedida polo funcionario consular, deberán ser remitidos coa maior celeridade posible á oficina que para estes efectos se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores a cal, á súa vez, procederá ao envío urxente ás correspondentes Xuntas Electorais Provinciais”, indica a JEC na súa resolución.

Ademais, tamén se ampla o prazo inicialmente previsto para o depósito nas oficinas de Correos do voto por correo para o persoal militar que se atope navegando ou fóra do territorio nacional, ata o día 9 de xullo de 2020, aínda que o depósito destes envíos deberá realizarse na Oficina principal de Correos en Madrid.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas