GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Exteriores freta un avión á India para facilitar o retorno de case 300 viaxeiros este fin de semana

(03/04/2020)

O Ministerio de Exteriores freta un avión á India para facilitar o retorno de case 300 viaxeiros este fin de semana


Redacción, Madrid | 02 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación enviará este venres un avión á India, con capacidade para case 300 viaxeiros, co que se facilitará o retorno a máis de 200 españois xunto a outros europeos aos que sorprenderon as restricións á mobilidade impostas en todos os países pola pandemia do Covid-19. O voo á India, que se realizará baixo o Mecanismo Europeo de Protección Civil por non existir outra alternativa posible para saída dos viaxeiros do país, sae de Madrid con destino a Nova Deli para logo continuar a Goa e, tras os preceptivos tempos de descanso da tripulación, regresar a Madrid o domingo.

Na India hai un total de 232 turistas españois que expresaran á Embaixada o seu interese en abandonar o país e que xa non contaban con alternativas comerciais para logralo. A forte dispersión dos viaxeiros obrigou a facer un exhaustivo exercicio de concentración de diversos puntos da vasta xeografía india para, á súa vez, proceder ao seu regreso desde Goa e Nova Deli.

Con esta operación, a Embaixada de España na India xa facilitaría a saída do país á maior parte dos viaxeiros españois que o solicitaban, aínda que tamén houbo grupos de persoas que rexeitaron trasladarse a un dos seus puntos de concentración para a súa posterior saída e outras que, debido á présa, non tiveron a capacidade de chegar a tempo.

Operación concluída en Ecuador

Outra operación que tamén se pode dar por concluída, salvo casos puntuais que se poidan rexistrar e aos que se lle daría resposta noutros voos europeos do mesmo xeito que no caso da India, é a da Embaixada de España en Ecuador, que permitiu o regreso a España de 984 españois e 462 europeos. A Embaixada de España en Cuba tamén asistiu o retorno daqueles que o solicitaron. De Cuba saíron 1.620 españois desde o pasado 17 de marzo e só tres non o puideron facer por razóns puntuais. Os tres últimos voos de Iberia da Habana a Madrid xa viaxaron con 324 prazas baleiras.

A Embaixada de España en Perú tamén fixo xa o groso das operacións coa chegada entre onte e hoxe de 700 pasaxeiros; os tres últimos voos coordinados pola Embaixada de España en República Dominicana facilitaron o retorno de 750 españois e aínda están pendentes outras dúas operacións da Embaixada en Arxentina con dous voos a Buenos Aires que levarían a arxentinos e que volverían con españois a próxima semana.

A situación en Asia e Pacífico arroxa mellores expectativas despois de que a Embaixada de España en Indonesia facilitase que un total de 100 españois se puidesen recolocar en voos de Qatar Airways durante os últimos días. Coa coordinación da Embaixada de España en Xapón onte aterrou en Madrid un avión con 126 viaxeiros (101 españois e o resto doutros países da UE); aos que habería que sumar outros 40 españois que chegan hoxe desde Laos nun voo organizado por Alemaña.

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación mantén á súa rede de embaixadas e consulados permanentemente despregados para atender a aqueles españois que aínda tentan regresar a España e para os que ten abertos todas as canles de comunicación e información que atenden os seus máis de 4.500 funcionarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas