GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e Relacións Exteriores asesoran aos galegos no exterior que estes días xestionan o seu regreso a España

(03/04/2020)

Emigración e Relacións Exteriores asesoran aos galegos no exterior que estes días xestionan o seu regreso a España


Redacción, Vigo | 02 Abril 2020 - Crónicas da Emigración

 

A Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea están a manter un contacto permanente e intenso coas embaixadas e consulados de varios países do mundo co obxectivo de asesorar a moitos dos galegos que se atopan no exterior e que, con motivo da crise do coronavirus, puxéronse en comunicación coa Xunta para tratar de xestionar o seu regreso a España, segundo constata o departamento de Emigración da Xunta.

Ducias de galegos nos cinco continentes dirixíronse nos últimos días ao Goberno autonómico en busca de asesoramento sobre os pasos para seguir, así como das xestións para realizar, para lograr desprazarse a Galicia con éxito.

Entre os afectados hai polo menos unha ducia de galegos que quedaron retidos en Arxentina como consecuencia das medidas dispostas para conter a pandemia do Covid-19, segundo informa a correspondente de ‘Galicia no Mundo’ no país austral, Mariana Ruiz. A maior parte destes afectados, asegura, atópanse na cidade de Buenos Aires, aínda que tamén os hai que quedaron no interior do país.

A delegación da Xunta en Arxentina mantense en contacto cos consulados xerais de España en Buenos Aires e Rosario co fin de posibilitar o regreso destes galegos, segundo constata a correspondente.

A pesar de que a repatriación de todos os españois no exterior é competencia e responsabilidade exclusiva do Estado, o Goberno autonómico está a levar a cabo labores de asesoramento dos que demandan ser repatriados despois dun tempo de estancia no estranxeiro, ben por vacacións ou por motivos de traballo.

Así mesmo, a Xunta, a través dos departamentos que comandan Antonio Rodríguez Miranda (Emigración) e Jesús Gamallo ( Relacións Exteriores e coa UE), púxose ao dispor do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación, que dirixe Arancha González Laya, así como cos seus órganos de representación en países como Filipinas, Sudáfrica, India, Marrocos, Arxentina, Chile, Colombia, Panamá, Brasil, Venezuela, Australia, Bolivia, Cuba, Perú, Emiratos Árabes, Italia, República Checa ou Reino Unido, entre outros, para facilitar o contacto entre os diferentes organismos involucrados na repatriación de españois.

A Administración galega mantense tamén en contacto coas empresas galegas que contan con traballadores no exterior, para cuxa atención piden unha implicación especial ao Ministerio de González Laya.

Entre as xestións realizadas por ambos os departamentos da Xunta destaca tamén o escrito enviado aos representantes diplomáticos nas zonas onde faena a frota galega de longa distancia, como Nova Zelandia, Polinesia francesa, Sudáfrica, Uruguai, Namibia ou Perú, co obxectivo de que contribúan a manter a súa operatividade.

No devandito escrito, o Executivo autonómico expresa a súa preocupación pola actividade que deben realizar os tripulantes de frotas como a arrastreira, conxeladora ou a de palangre de superficie que faenan en augas exteriores, e agradécelles aquelas xestións que contribúan a facilitar a situación e manter a súa operatividade.

Segundo puxeron en coñecemento da Xunta representantes de varias entidades pesqueiras galegas con frotas no exterior, o sector atópase con diversos obstáculos para desempeñar a súa función, como a imposibilidade de facer a substitución de tripulantes debido á corentena e ás restricións de viaxe do período de emerxencia do Covid-19.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas