GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourensáns no exterior: “Creo que o máis responsable é non volver

(25/03/2020)

Ourensáns no exterior: “Creo que o máis responsable é non volver"



A Rexión Internacional
Xiana Cid 23/03/2020



Mentres a curva de contaxios do coronavirus non deixa de crecer na provincia e a poboación continúa confinada nos seus fogares, os ourensáns que residen no estranxeiro afrontan diversas realidades sen quitar ollo da situación no seu lugar de orixe. En Alemaña, Reino Unido e Emiratos Árabes o número oficial de positivos aínda se mantén moi por baixo do español, pero desde hai días os gobernos toman medidas para evitar ao máximo a expansión do COVID-19.

"Nós temos moitos menos casos, polo de agora, que en España, pero é que levamos dúas semanas de atraso, espérase que comecen a subir estes días", explica Alejandro Barros, ourensán que reside na cidade de Colonia (Alemaña). Aínda que de momento non se decretou o confinamento obrigado, Barros cre que é necesario para "frear" o virus: " Hai moita menos xente que antes pola rúa, pero aínda ves algunha nos parques, tomando cervexa... Ata que se poñan serios dende ou Goberno a cousa vai seguir así". Como médico, tamén ve a situación do seu hospital: " Temos unha estación habilitada para coronavirus, pero a UCI non ten tanta capacidade como para albergar aos positivos máis grandes, e temos moitos pacientes alí, non é tan sinxelo sacalos ou meter aos outros".

Desde Londres (Reino Unido), María Cabanelas explica a situación cambiante: "De dicir que non se ía a facer nada, o Goberno pasou a pechar pubs, restaurantes, colexios... É similar ao de aí, pero aínda non nos obrigan a quedarnos na casa, aínda que supoño que será o seguinte". A ourensá traballa como arquitecta nun estudo da capital inglesa, e aínda que asegura que lle gustaría volver a casa, afirma: "Creo que o máis responsable é non volver, tanto por non axudar á expansión do virus como por manter o traballo, hai moita xente que o está perdendo xa".

En Dubai ( Emiratos Árabes), Ester Salgado, enfermeira, mantense en corentena desde que chegou dunha viaxe ao exterior, hai varios días. " Aínda non temos moitos casos, a cousa segue tranquila, pero bo, non se pode predicir nada, tamén comezou pouco a pouco en Europa e despois...", explica. Desde o primeiro caso, o Goberno decretou o peche de centros educativos e a instauración de teletraballo, pero a ourensá asegura que "ata que non exploten os casos, a xente non se decatará dá situación real".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2020
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas