GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría escolle A Coruña para celebrar a segunda xornada de orientación laboral para as mozas e mozos do exterior beneficiarios das BEME

(06/03/2020)

A Secretaría escolle A Coruña para celebrar a segunda xornada de orientación laboral para as mozas e mozos do exterior beneficiarios das BEME

As actividades formativas de BEME Emprego realízanse en dous formatos, tanto conferencias como obradoiros.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a cuarta convocatoria desta medida incluída na Estratexia Retorna 2020, que oferta 150 prazas.

 

  • Imaxe desta mañá da xornada de orientación laboral na Coruña
    Imaxe desta mañá da xornada de orientación laboral na Coruña

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

A Coruña, 5 de marzo de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración escolleu A Coruña para a celebración da segunda xornada de orientación laboral para os beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME Emprego. O salón de actos da Facultade de Educación da Universidade da Coruña (UDC) acolleu o acto, ao que asistiron a vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana Leira e responsables do departamento de Emigración da Xunta de Galicia. 

 

A celebración do acto coincidiu, ademais, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da convocatoria desta medida, integrada na Estratexia Retorna 2020 e que alcanza, así, a súa cuarta edición. O prazo de solicitudes, que se abrirá mañá, rematará o vindeiro 30 de abril, e ofertará 150 prazas para mozas e mozos galegos licenciados residentes no exterior. O obxectivo é dar a oportunidade á mocidade de Galicia que vive fóra das nosas fronteiras de cursar un mestrado nunha das tres universidades públicas galegas.

 

Inserción no mercado laboral galego 

 

Ofrecer información sobre o mercado laboral en Galicia comparado con outros ámbitos, así como asesoramento no acceso ao emprego son os dous obxectivos principais das Xornadas BEME Emprego para a mocidade galega retornada, integradas por accións centradas na formación das e dos participantes co fin de que coñezan que está a ofertar o mercado, e o que o mercado oferta na realidade. Ademais, as accións son prácticas dinámicas para que as bolseiras e bolseiros estean preparados e capacitados á hora de asistir a un proceso de selección. A universidade santiaguesa foi a primeira das tres en acoller esta iniciativa, á que segue hoxe A Universidade de Coruña e mañá, día 6, a de Vigo. 

 

As actividades formativas realízanse en dous formatos, tanto conferencias como obradoiros. No primeiro impartiranse charlas de motivación da mocidade nas que se exporá como desmitificar o mercado laboral, eliminar as barreiras e alcanzar o éxito profesional, así como as de branding persoal. Nestas as e os participantes deben coñecer que información transmiten ás e aos empregadores e ao mercado. Deberán saber utilizar a información de maneira óptima na súa busca de emprego.

 

As levadas a cabo con formato de obradoiro buscan mellorar as aptitudes e actitudes das e dos participantes na realización de probas de acceso ao emprego e orientalos sobre como acudir aos procesos selectivos. Trátase de coñecer mediante exercicios prácticos como un ou unha debe presentarse a unha entrevista ou como conseguir superar unha dinámica de grupo. Por último, abordaranse as chaves da contratación para axudarlles a descubrir a realidade do que o mercado oferta e demanda de maneira obxectiva e personalizada dependendo da formación e dos intereses das e dos participantes. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2020
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       

ALOXA: Aloxamento solidario para españois 03/04/2020-25/05/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas