GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Abre o prazo de solicitudes da convocatoria de “Reencontros na Casa”, que este ano ofrece 215 prazas para galegos maiores do exterior

(24/02/2020)

Abre o prazo de solicitudes da convocatoria de “Reencontros na Casa”, que este ano ofrece 215 prazas para galegos maiores do exterior

O programa permitirá a galegos residentes en América con poucos recursos económicos achegarse á súa terra e ás súas familias.

 

As axudas se empregarán en costear parte da viaxe en avión dos máis de 200 beneficiarios.

 

Imaxe de arquivo da chegada ao aeroporto de Vigo de participantes da edición de 2018

Imaxe de arquivo da chegada ao aeroporto de Vigo de participantes da edición de 2018

 

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2020.

 

Trala publicación onte no Diario Oficial de Galicia, hoxe abre o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa da Secretaría Xeral da Emigración ‘Reencontros na Casa’. A iniciativa, que ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra e á súa familia aos galegos residentes nos diferentes países de Latinoamérica con menos recursos económicos, ofrecerá este ano un total de 215 prazas, podendo os interesados inscribirse ata o vindeiro 22 de marzo.  

 

A finalidade deste programa é promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia, a través de achegas que cobren o 60% dos custe da pasaxe entre os seus países de residencia e Santiago de Compostela, agás no caso de Venezuela e Cuba. Nestes dous países, a axuda poderá incrementarse por mor da situación económica e as dificultades para acceder ás divisas necesarias. Este ano, ademais, a petición dos propios usuarios, engádese unha nova categoría de beneficiarios que poden facer fronte á custe económica do billete, pero que desexan formar parte do programa da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Ademais de sufragar esta parte do billete, a Administración galega  velará pola saúde dos beneficiarios no traslado e organizará coas familias o reencontro. Unha vez en Galicia, son as familias as encargadas da manutención e hospedaxe dos participantes na iniciativa. A duración da estadía en Galicia oscila entre os 15 e os 45 días, non podendo prolongarse en ningún caso máis aló do período máximo.

 

Requisitos para ser beneficiario

 

Os requisitos para solicitar unha destas prazas pasan por acreditar ser emigrante galego ou fillo de emigrante galego, residir en Latinoamérica, ter máis de 65 anos, ser válido por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia. Igualmente, poden beneficiarse os cónxuxes dos emigrantes galegos que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

 

Asignación de prazas por países

 

A convocatoria deste ano reserva 80 das 215 prazas a residentes na Arxentina, 50 aos de Venezuela, 37 aos de Uruguai, 20 aos de Brasil, 10 aos de Cuba e 18 ao resto de países de  América. Esta asignación lévase a cabo en función do número de persoas galegas residentes en cada país e das necesidades e demandas constatadas nas últimas convocatorias deste programa. Este reparto podería variar en función de razóns económicas ou para completar as prazas que quedaran vacantes en algún país.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas