GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda achega as liñas e programas de actuación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos das principais cidades do Brasil

(21/02/2020)

Miranda achega as liñas e programas de actuación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos das principais cidades do Brasil

Tras Salvador de Baía, o secretario xeral da Emigración prosigue en Santos e Sao Paulo a súa primeira viaxe do ano ao país suramericano, onde mantén encontros coa colectividade no Centro Español y Repatriación de Santos e na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao.

 

Resalta as oportunidades de retorno que ofrecen moitas das iniciativas impulsadas polo goberno galego e invita á mocidade a aproveitar a nova convocatoria das BEME que abrirá en próximas datas.

 

 

 

Miranda achega as liñas e programas de actuación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos das principais cidades do Brasil

Miranda achega as liñas e programas de actuación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos das principais cidades do Brasil

 

 

Santos | Sao Paulo (Brasil), 20 de febreiro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, proseguiu nas cidades de Santos e Sao Paulo a súa viaxe oficial ao Brasil.Trala súa estadía en Salvador de Baía, o titular do departamento autonómico mantivo senllos encontros coa colectividadeno Centro Español y Repatriación de Santos e na Sociedade hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao de Sao Paulo, durante os que trasladou aos participantes os distintos programas e liñas de actuación que cada ano desenvolve o seu departamento.

 

Neste contexto, o secretario xeral resaltou as oportunidades de retorno que ofrecen moitas destas iniciativas, poñendo en valor aquelas destinadas á mocidade como o Conecta con Galicia, as Escolas Abertas ou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que abrirán en próximas datas unha nova convocatoria ofrecendo a oportunidade de volver á súa terra a 250 mozos do exterior para cursar aquí os estudos de posgrao e FP.

 

“A experiencia dos nosos mozos é fundamental, tanto dos que naceron en Galicia e saíron ao exterior en busca de novos obxectivos como dos que naceron xa nos seus países de destino, para construír esa Galicia cosmopolita e competitiva que queremos. A nosa terra está sempre aberta para vós e para os vosos descendentes, e os galegos estamos sempre encantados de recibir aqueles que nos poden axudar a mellorar, que nos aportan ideas e traballo para remar nunha mesma dirección cara o benestar de todos”, salientou Miranda. 

 

As BEME, detallou o secretario xeral, ofrecen os mozos da diáspora a oportunidade der cursar en Galicia os seus estudos de posgrao, cuns apoios cuxos importesoscilan entre os 7.000 ou os 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa oudo resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS; importe que se destina a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e mantemento na Galicia territorial. Aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno).

 

Así mesmo, o secretario xeral da Emigración aproveitou tamén o encontro para explicar ás familias galegas residentes no Brasil os diferentes programas de actuación do seu departamento aos que poden ter acceso, como as axudas extraordinarias aoretorno, os apoios económicos individuais ou a liña de fomento do retorno emprendedor.

 

“O Brasil é un dos países con maior presenza de galegos do mundo. A todos vós queremos darvos a oportunidade de volver a casa. Se o século XX foi o da emigración, estamos convencidos de que o XXI será o do retorno”, concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2020
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas