GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes españois aspiran a un carné para probar o seu status legal no Reino Unido

(22/01/2020)

Emigrantes españois aspiran a un carné para probar o seu status legal no Reino Unido

Aplauden a decisión da Cámara dos Lores, que aínda pode ser anulada

 

 


londres / e. a voz 22/01/2020

A decisión da Cámara dos Lores de aprobar unha emenda que obriga ao Goberno a entregarlle un documento aos europeos residentes no Reino Unido que queiran seguir no país tras o brexit e teñan tramitado o permiso foi aplaudida polos emigrantes galegos e españois. Con todo, a emoción está contida á espera da reacción da Cámara dos Comúns, que podería anular a medida.

 

«Por fin algo bo para nós», dixo Francisco Fernández, do Carballiño. «Un documento daríanos tranquilidade, axudaríanos a garantir os nosos dereitos e evitar que nos ocorra o mesmo a que a xente da chamada xeración Windrush », engadiu.

 

A xeración Windruch é como se coñece aos miles de caribeños, maioritariamente Xamaica, Trinidad e Tobago e Barbados, que a partir de 1948 foron invitados por Londres a mudarse ao país e axudar á súa reconstrución tras a Segunda Guerra Mundial. Hoxe están en risco de ser deportados. ¿O motivo? Os papeis que proban que ingresaron legalmente foron destruídos durante a xestión de Theresa May como ministra do Interior.

 

Ademais, moitas destas persoas perderon o dereito a axudas para vivenda ou os seus empregos e ata foron detidas, porque non poden probar como chegaron ao Reino Unido. A lexislación impulsada por May para crear un «clima hostil para a inmigración irregular» penaliza con 10.000 libras (12.000 euros) a quen aluguen vivenda ou empreguen a un inmigrante ilegal.

 

«É unha boa noticia, pero non hai que esquecer que os lores piden, pero os comúns non lles teñen que facer caso», recordou Aníbal Bichodbz, un arxentino cun pasaporte europeo residente en Londres.

 

A emenda certamente podería ter unha vida curta, pois nas próximas horas a lei que contén o acordo de retirada da Unión Europea, onde o cambio foi engadido, volverá á Cámara Baixa e alí o Goberno de Boris Johnson ten unha folgada maioría que podería usar para anulala. O Executivo xa rexeitou a posibilidade de dar un carné aos europeos.

 

Máis paus

 

Por segundo día consecutivo os lores propinou unha derrota ao premier. A Cámara acordou reintroducir unha cláusula no acordo de saída da UE que garanta aos nenos migrantes que logren entrar no Reino Unido o dereito de reunirse cos seus familiares no país. Foi acordado con 300 fronte a 220 en contra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2020
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas