GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Buenos Aires acolleu unha homenaxe a Castelao con motivo do 70º aniversario da súa morte

(14/01/2020)

Buenos Aires acolleu unha homenaxe a Castelao con motivo do 70º aniversario da súa morte


Redacción, Buenos Aires | 13 Xaneiro 2020 - Crónicas da Emigración


Un momento del acto de homenaje en el 70º aniversario del fallecimiento de Castelao.

Un momento do acto de homenaxe no 70º aniversario do falecemento de Castelao.


A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA) organizou a homenaxe que se rendeu o pasado sábado, 11 de xaneiro, ao intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 70º aniversario do seu falecemento.

O acto tivo lugar fronte ao busto que o ilustre escritor, debuxante e político galego ten na praza de Buenos Aires que leva o seu nome, situada na intersección que forman a avenida Independencia e a rúa Bernardo de Irigoyen.

A esta xa tradicional cita asistiron autoridades da Federación, músicos da colectividade e integrantes da comunidade galaico-porteña, que participaron da ofrenda floral ao considerado como “pai do nacionalismo galego”, falecido o 7 de xaneiro de 1950 nunha habitación do emblemático hospital do Centro Galego de Buenos Aires.

Non faltaron o son das gaitas, os himnos e as palabras de agradecemento das personalidades presentes para tan insigne figura da cultura galega, que coñeceu de primeira man a emigración e o exilio político, e viu na Arxentina a súa Galicia ideal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2020
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas