GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.123.454 en novembro

(20/12/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.123.454 en novembro


foto ilustrativa

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social 19/12/2019

 

  • O crecemento interanual é de 7,19%, con 142.374 traballadores máis que hai un ano
  • Respecto ao mes pasado, o número de afiliados extranxeiros decreceu en 26.317


A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.123.454 traballadores estranxeiros en novembro, 142.374 máis que no mesmo mes de 2018. Isto sitúa a variación interanual no 7,19%.

En novembro, o número de ocupados de orixe foránea decreceu en 26.317 (-1,22%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral, 1.773.130 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 214.518 ocupados, e o de Hogar, con 167.948). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 345.792 afiliados, o Réxime Especial do Mar, con 4.491, e o do Carbón, con 41.

De entre os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en novembro, 1.268.384 proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (855.070) de países comunitarios. Da cifra total, 1.195.964 son homes e 927.490 son mulleres.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (342.839), Marrocos (265.029), Italia (126.473) e China (108.598). Séguenlles os traballadores nacionais de Colombia (75.048), Ecuador (73.543), Reino Unido (69.508), Venezuela (64.735) e Bulgaria (60.152).

Comunidades autónomas

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Galicia (10,29%), País Vasco (9,87%) e Navarra (9,63%) son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano. A continuación sitúanse Castela e León (8,71%), Cantabria (8,62%) e Aragón (8,04%).

No último mes, a afiliación de estranxeiros subiu na Comunidade Valenciana (2,88%), Región de Murcia (2,26%), Andalucía (1,85%), Illas Canarias (1,37%) e Madrid (1,12%). A afiliación de estranxeiros descende nas demais autonomías, particularmente nas Illas Baleares (-24,37%), Estremadura (-12,11%) e Castela e León (-9,10%).

A afiliación de estranxeiros por comunidades autónomas distribúese así:

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas