GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período

(18/12/2019)

Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período

 
Destaca que, “por primeira vez na historia, a oficina sae fóra de Santiago” nunha mostra do compromiso do Goberno galego co retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o XXI sexa o do retorno”.

 

Salienta que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

“Vimos de celebrar o XII Consello de Comunidades Galegas; un plenario que, tamén por primeira vez na historia, contou cun relatorio dedicado exclusivamente ao retorno”, incide. 

 

O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial José Manuel Balseiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno

O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial José Manuel Balseiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno

 

Lugo, 17 de decembro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que vén de abrir as súas portas na cidade. Un marco no que Miranda salientou a aposta do Goberno autonómico polo retorno, que se está a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período. 

 

Neste escenario de crecemento constante do retorno, explicou Miranda, o Goberno autonómico está a multiplicar a súa aposta por acompañar no proceso a todos os galegos e as galegas do exterior. Un compromiso no que se sitúa a apertura desta sede en Lugo, que o propio Miranda cualificou de “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fóra de Santiago. 

 

O titular do departamento autonómico incidiu en que a apertura desta sede, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, obedece a esa “aposta decidida” polo retorno que está a promover a Xunta. Non en van, e como lembrou, a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 impulsada pola Secretaría Xeral que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.  

 

“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, poñemos en marcha esta sede aquí, en Lugo, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”. Neste sentido, recordou, “o XII Consello de Comunidades Galegas que vimos de celebrar en Santiago centrou tamén unha parte moi importante do seu desenvolvemento no retorno, ata o punto de que, por primeira vez na historia, incorporouse un relatorio dedicado exclusivamente ao tema”. 

 

“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do Goberno galego e indícannos que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegas e galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba das 18.200 persoas retornadas. 

 

Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. “Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia e atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao Goberno central unha maior implicación nestas materias. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas