GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda subliña que a provincia rexistrou no último ano o mellor dato de retorno da década “con Vigo capitaneando a volta a casa de miles de galegos”

(11/12/2019)

Miranda subliña que a provincia rexistrou no último ano o mellor dato de retorno da década “con Vigo capitaneando a volta a casa de miles de galegos”

 

Resalta que a apertura desta sede na Delegación Territorial supón un “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fóra de Santiago. 

 

Avoga por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”: “Ata o de agora as cifras avalan a aposta do Goberno galego”.

 

Salienta que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado e permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

O secretario xeral da Emigración e a delegada territorial Corina Porro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno

O secretario xeral da Emigración e a delegada territorial Corina Porro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno

 

Vigo (Pontevedra), 11 de decembro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que vén de abrir as súas portas no edificio da administración autonómica na cidade. Un marco no que Miranda subliñou a importancia que está a adquirir o retorno na provincia, que rexistrou no 2018 –último dato completo- a mellor cifra da década, con case 2.100 retornadas e retornados, dos que arredor do 30% corresponden á comarca viguesa.  

 

“Vigo e a súa área están a capitanear esta volta a casa de miles de galegos”, expuxo o secretario xeral, quen destacou que, nos últimos 10 anos, a provincia ten rexistrado máis de 12.000 galegas e galegos retornados. 

 

Neste escenario de crecemento constante do retorno, explicou Miranda, o Goberno autonómico está a multiplicar a súa aposta por acompañar a todas e todos os galegos do exterior neste proceso. Un compromiso no que se sitúa a apertura desta sede en Vigo, que o propio Miranda cualificou de “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fóra de Santiago. 

 

“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, acabamos de por en marcha esta sede aquí, en Vigo, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”. Non en van, e como lembrou, a semana pasada Santiago acolleu “o XII Consello de Comunidades Galegas, un plenario que, tamén por primeira vez na historia, contou cun relatorio dedicado exclusivamente ao retorno”. 

 

“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do Goberno galego e indícannos que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 cidadás e cidadáns galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba das 18.200 persoas retornadas. 

 

Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. A este respecto, a delegada territorial Corina Porro subliñou que “este é un día moi importante para Vigo, xa que a oficina permitirá atender do modo máis próximo a xente que o necesita de verdade”. 

 

“Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia e atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao Goberno central unha maior implicación nestas materias. 

 

O secretario xeral recordou que a ampliación desta oficina é parte tamén da Estratexia Retorna 2020, que está desenvolvendo a Secretaría Xeral cun orzamento global de máis de 235 millóns, dos que 15 abarcan só medidas específicas de fomento do retorno. Unha estratexia que ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso á casa máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas