GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vinte millóns de refuxiados por incendios e inundacións

(03/12/2019)

Vinte millóns de refuxiados por incendios e inundacións

 

España é o terceiro país de Europa, tras a República Checa e Grecia, con maior risco de que a súa poboación se vexa desprazada por desastres provocados polo clima

 

 


redaccion 02/12/2019

 

Oxfam alertou, coincidindo co inicio do cume de Madrid, que durante a última década os desastres provocados polo clima foron a principal causa de desprazamento interno a nivel mundial, obrigando a máis de 20 millóns de persoas a abandonar os seus fogares cada ano.

 

España é o terceiro país de Europa, tras a República Checa e Grecia, con maior risco de que a súa poboación se vexa desprazada por desastres provocados polo clima, asegura Oxfam Intermón tras analizar os datos dos dez últimos anos (2008-2018).

 

A difícil cuestión de proporcionar apoio financeiro ás comunidades, incluídas as desprazadas, que sufriron perdas e danos como resultado da crise climática, será un dos temas de debate da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Clima que se inaugura hoxe en Madrid.

 

Nun documento titulado Obrigadas a abandonar os seus fogares, Oxfam sinala que, hoxe en día, é tres veces máis probable que as persoas se vexan forzadas a deixar as súas vivendas por ciclóns, inundacións ou incendios forestais que por conflitos, e ata sete veces máis que por terremotos ou erupcións volcánicas. É dicir, que os desastres provocados polo clima son a principal causa de desprazamento.

 

Aínda que ninguén é inmune -os incendios e inundacións que nas últimas semanas arrasaron Australia e Europa-, a análise de Oxfam mostra que as persoas en países pobres, que son quen menos contribuíron á contaminación, son as que se atopan en situación de maior risco.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas