GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os refuxiados sofren cada vez máis o medo dos caseiros a alugarlles piso

(18/11/2019)

Os refuxiados sofren cada vez máis o medo dos caseiros a alugarlles piso



María Martínez y Paquita Panero, frente al edificio de la Cruz Roja.
María Martínez e Paquita Panero, fronte ao edificio da Cruz Vermella.


A Rexión Javier Rey

17/nov./19


En tres anos instaláronse na provincia de Ourense uns douscentos asilados, máis da metade menores de idade.

 

Laura (nome ficticio) e o seu fillo son dous dos dous centenares de refuxiados –máis da metade, menores– que o Estado enviou á provincia nos últimos tres anos para poñer en mans de Cruz Vermella, única oenegué que desenvolve este programa en Ourense. Superada a primeira fase –seis meses nunha das 42 prazas de acollida temporal repartidas entre a cidade e Valdeorras –, esta asilada, venezolana, lanzouse a buscar un piso para instalarse pola súa conta co respaldo económico de Cruz Vermella, nunha segunda fase que abarca outros 12 meses, perfilados para avanzar na súa integración e autonomía. E topouse cun muro.

"Unha vez que escoitaban o acento, que se daban conta que non son española nin tiña nómina... imposible". Cruz Vermella tivo que mediar. "Ao final atopeino pola monitora dun campamento do meu fillo". A experiencia é xeral para todos os refuxiados. "Cada vez temos máis problemas. Dun ano a esta parte notámolo moito. Non hai pisos. E é case imposible sen nómina", apunta María Martínez, coordinadora da área de Extrema Vulnerabilidade de Cruz Vermella.

"É unha mestura. A crise do mercado, inseguridades, medo ao inmigrante...", razoa Martínez, que explica que a única maneira é a "insistencia, buscar e convencer ás inmobiliarias. E se xa alugaron un piso, que tenten tamén convencer a outros propietarios". Son tallantes: "Nunca tivemos unha situación de falta de pagamento ou desfeitas. Os caseiros teñen que perder o medo". Con 70.000 vivendas baleiras na provincia, o escenario convida á reflexión.


Auxe da xenofobia?

 

Preocupa o auxe da xenofobia? "A sociedade ourensá é acolledora. Quen non ten un familiar que non emigrase?. Hai moita empatía. Iso non quere dicir que non haxa medos. E ás veces afloran", analiza María. "Recibín un boísimo trato –volve Laura-– Iso non quita ver malas caras cando ía co ticket de Cruz Vermella ao súper. Ou iso de: 'A eles si que os axudan, e non aos españois". "A xente na rúa non é consciente das realidades dos refuxiados", matiza Ángela Grande, 74 anos, sentada nunha das mesas nas que lles dá clases de español en Cruz Vermella.

Valdeorras

 

Valdeorras é núcleo desta historia. Alí chegaron os primeiros refuxiados á provincia. Era mediados de 2016, en plena guerra de Siria. Á cidade aterraron máis tarde, con críticas da oposición por falta de celeridade. Esa presión parece desvanecerse en toda España e os carteis de " Welcome refugees" amarillean. Pero a realidade é túzara: as peticións de asilo disparáronse en 2018 un 75%, ata superar as 55.000 persoas. Segundo se  liberan prazas da primeira fase –na que si colaboran Xunta, Fegamp, Bispado ou fundacións– o Ministerio envía máis refuxiados.

O proxecto monitora agora mesmo a un centenar de persoas. Outros tantos xa voan sós na provincia. "Sirios, turcos, palestinos, xeorxianos, ucraínos, latinos... coa súa vida en perigo por raza, xénero, motivos políticos ou orientación sexual...", detallan en Cruz Vermella. "Isto pódelle  pasar a calquera", entra Ángela Ramallo, responsable de comunicación da oenegué. Lémbrano series distópicas tan de moda como " Years and years". "Vinme con dúas maletas. Nunca pensei que me ía a sentir tan ben con roupa regalada. A un cámbialle a vida completamente. Tiña unha condición, boa. E agora toca isto", detalla Laura.

Voluntarios

Paquita Panero ponse o chaleco de Cruz Vermella –"é XXXL", chancea-para pousar na foto. Mestra xubilada, tamén ensina español aos refuxiados: "Cos árabes é máis complicado pola grafía... se controlan o francés imos tirando". "Hai que ir buscando estratexias", explica a técnica de Cruz Vermella, que destaca que manexar o idioma "é clave" para empoderalos."Son xente boísima, e máis simpáticos...", realza Panero. Uns dez voluntarios dedícanse a este colectivo, que apoia a outros tantos profesionais do equipo da oenegué –psicóloga, xurídica...– Entre todos axudan aos refuxiados para ir pasando fases, etapas e "pechar feridas".

"O que queren, todos, é vivir cos seus propios medios. Casa, traballo, colexio...e que a súa familia non teña medo", debulla María. Ángela Grande, relixiosa da orde das Josefinas, amplía foco: "Ao principio nótalos á expectativa. Pero basta un sorriso para que se destensen". "Hai unha familia no meu barrio –intervén Paquita–. En abril o meu marido rompeu o peroné e ía eu á a compra. Atopeimos nun corredor do súper. 'Xa lle levo eu as bolsas, xa as levo'. Deixoumas na porta do ascensor". Cruz Vermella xa ten a refuxiados axudando a outros como voluntarios. "Convidáronnos varias veces para comer ás súas casas –lembra Grande–. Ofrécenche o pouco que teñen. É unha tremenda corrente de humanidade"

Refuxiada: “xa levo 8 meses traballando"

Laura e o seu fillo chegaron a España en xaneiro de 2018. Fuxían do goberno de Maduro, como o 25% dos 55.000 solicitantes de asilo en España o pasado ano. "A decisión non foi fácil. Eramos 'escuálidos' (opositores). A min cústame moito calarme. Ía a protestas.. Sentíame identificada. Non me intimidaban. Pero non era o país que quería para o meu fillo". En Segovia pediu asilo. "Accem axudoume cos trámites. Autorizáronme o ingreso ao programa . E con Cruz Vermella, a Ourense".Chegou en maio de 2018. "Tiña todo cuberto. Axudáronme co padrón, cole... Vivía con outra familia. Estivemos catro meses e pasamos á segunda etapa". Agora viven nun piso pola súa conta e, tras facer varios cursos, atopou traballo. "Levo oito meses. Case non dependo de Cruz Vermella. Só por un tema médico. Veñen para ver como está o piso ou as facturas".

A súa mirada cruza o Atlántico. "Tiña carreira e un bo posto. E un día deime conta que non podía pagar o colexio. Que non tiña luz nin podía ir ao súper. Cando podo envío medicamentos. E diñeiro. 'Filla, puiden comprar peixe'. Párteme a alma". Nuns meses independizarase " de Cruz Vermella. Integrada, vai aos cumples dos amigos do crío. "Unha ourensá máis". E se todo vai ben, en pouquiño será indefinida no curro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas