GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Borrell considera que en Europa non hai «unha crise migratoria» aínda que se tente «explotar»

(07/11/2019)

Borrell considera que en Europa non hai «unha crise migratoria» aínda que se tente «explotar»


O ministro de Asuntos Exteriores tacha de «lenda urbana» que Estados Unidos prepare sancións a España en relación con Venezuela 





A Voz Redacción 06/11/2019


O ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación en función, Josep Borrell, considera que en Europa non hai «unha crisis migratoria», aínda que as chegadas de migrantes «pódense explotar» e tratar de presentar «como unha situación permanente» o que en realidade foi «un momento conxuntural agudo e gravísimo», a «avalancha de refuxiados sirios» do 2015.

O aínda ministro e próximo alto representante da UE para a Política Exterior e Seguridade Común cifrou nunhas 40.000 as chegadas anuais de inmigrantes a Europa polo Mediterráneo, e recalcou que iso «non é unha crise migratoria». Esa é a situación, dixo, «unha vez contida a crise siria, que non acabou, pero xa non xera centenares de miles de persoas nas fronteiras».

Nun almorzo informativo organizado por The Executive Forum, Borrell aproveitou para afirmar, ademais, que se a UE pretende ser «unha potencia» e «un actor global», debeu actuar de forma «máis asertiva» ante aquela «avalancha de refuxiados» que foi «unha aldrabada na conciencia dos europeos» e que comparou coa que hoxe recibe Colombia desde Venezuela, informa Europa Press.

Preguntado se aquela situación do 2015 pode volver producirse, sinalou que os datos apuntan a que o que hai nestes momentos é un fluxo de refuxiados, non de Siria senón de Afganistán e de Irak, «probablemente anticipando determinados acontecementos xeopolíticos nestes países» e que nas illas gregas hai «un repunte de chegada de migrantes», pero «nuns niveis que non teñen nada que ver co 2015 ou o 2016». Iso si, deixou claro que non quere dicir que o problema estea resolvido, porque «en Turquía segue habendo centos de miles de refuxiados sirios».

Borrell, tachou de «historieta» e «lenda urbana» que Estados Unidos estea a preparar sancións a España «por suposta cooperación financeira» co Goberno de Nicolás Maduro.

«Eu pregúntome de onde diaños saíu esta lenda urbana», dixo Borrell. Ademais, deixou claro que non se lle ocorre «onde está esa suposta cooperación financeira» e opinou que iso pode «formar parte diso de lanzar unha idea que todo o mundo repite e ninguén contrasta».

A información sobre posibles sancións referíase a unha conta do Banco de Venezuela no Banco de España, unha conta que, segundo a institución española, ten unha operativa moi reducida e está sometida a controis específicos para evitar que poida ser usada con fins irregulares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2019
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas