GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia dedicará 13,5 millóns do orzamento á colectividade

(24/10/2019)

Galicia dedicará 13,5 millóns do orzamento á colectividade

 

El conselleiro de Hacienda entregó en la Cámara el proyecto de Ley de Presupuestos.

O conselleiro de Facenda entregou na Cámara o proxecto de Lei de Orzamentos.


A REXIÓN INTERNACIONAL 23/10/2019


O Consello da Xunta acaba de aprobar o Proxecto de Orzamentos para 2020. Un anaco desa gran tarta destinarase á emigración galega no mundo. Concretamente 13.511.467, o que supón un incremento do 8,7% respecto ao ano pasado.

Practicamente todas as partidas experimentan un ascenso, excepto a maior, que é a destinada á o fomento da Lei de Galeguidade que se mantén en case dous millóns de euros e a de obras e equipamentos que descende en 13.000 euros. As entidades da emigración notarán unha inxección económica duns 100.000 euros, alcanzando unha contía nos orzamentos da secretaría xeral de ata 1,8 millóns de euros.

Por outra banda a contía das actividades dedicadas a fomentar o emprendemento dos retornados duplícase, alcanzando os 400.000 euros. Outro exemplo de aumento orzamentario entorno á poboación retornada, son as axudas extraordinarias que aumentan en 200.000 euros, situándose nos 1,9 millóns de euros.

A formación á que os mozos galegos do exterior poden aspirar coas Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior aumentan a súa dotación en 180.000 euros. Chegando en 2020 a 1.290 euros.

Á marxe das contas da secretaría xeral da emigración, que unha vez aprobadas deberán ser ratificadas polo Parlamento, o conselleiro de Facenda entregou na Cámara o proxecto de Lei de Orzamentos, que alcanzará os 10.149 millóns, e que como dato máis destacados creará 407 novas prazas na sanidade pública e potenciará o reequilibrio territorial, cun maior gasto por habitante en provincias como Lugo e Ourense.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas