GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consuelo Rumí destaca a importancia de identificar oportunidades reais que faciliten unha migración segura, regular e ordenada

(11/10/2019)

Consuelo Rumí destaca a importancia de identificar oportunidades reais que faciliten unha migración segura, regular e ordenada 

 

SEM

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

10/10/2019


Para a responsable do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, “temos que ser capaces de construír unha política migratoria activa e non reactiva”

A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, asegurou hoxe que o obxectivo do Goberno é alcanzar “a identificación de oportunidades reais que faciliten a migración segura, regular e ordenada”.

Consuelo Rumí, que participou hoxe na inauguración da V Conferencia Nacional da Rede Europea de Migración en España, lembrou que os eixos da política do Executivo son a ordenación dos fluxos migratorios, a cooperación reforzada cos países de orixe e tránsito e a integración.

“As migracións son un fenómeno global que forman parte do noso pasado, do noso presente e van formar parte do noso futuro como necesario complemento social, económico, demográfico, cultural, científico e académico”, afirmou a responsable de Migracións, quen tamén apuntou que “só desde un enfoque integral poderemos deseñar e implementar unha política migratoria que dea resposta aos principais retos existentes”.

A xuízo da secretaria de Estado de Migracións, o noso país necesita un complemento migratorio, unha entrada de perfís laborais que non se poderán cubrir con persoas que xa están aquí. “Debemos ser capaces de construír unha política de migración activa e non reactiva”, sinalou Rumí, ao que engadiu que “só se a migración é regular, segura e ordenada e se se xestiona en colaboración cos países de orixe e tránsito, seremos capaces de despregar as vantaxes deste fenómeno para todos: para o migrante, para o país de orixe e para o de destino. E para despregar esas vantaxes, a política de integración tamén é clave”.

Consuelo Rumí fixo especial fincapé na construción dun modelo migratorio de presente e de futuro, que se axuste ás novas dinámicas do mercado de traballo e que responda, ademais, a desafíos como o demográfico.

A V Conferencia Nacional da Rede Europea de Migración en España, que leva por título “Migración, demografía e mercado de traballo”, é un espazo de reflexión e debate para fixar novas liñas de actuación tendo en conta as vías de migración regular, segura e ordenada, especialmente ante os desafíos demográficos, institucionais e económicos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas