GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Losa: «Se por min fose nunca me iría de Galicia»

(10/10/2019)

Manuel Losa: «Se por min fose nunca me iría de Galicia»



O escritor, emigrado cando era neno, entregou en Carballo exemplares do seu novo libro: «Centro galego de Montevideo»

 




La Voz de Galicia

Fran Rodríguez / Marta López
09/10/2019



Asegura Manuel Losa que cando volveu a Santiago de Compostela 34 anos despois de partir cara a Uruguai cos seus pais treméronlle as pernas, en especial cando pasou por diante da que adoitaba ser a súa casa. «Se por min fose nunca me iría de Galicia», dicía onte en Radio Voz Bergantiños.

Losa, nacido en 1940 e de formación autodidacta, foise a Montevideo cando apenas tiña 13 anos e traballou un tempo como administrativo ata que o deixou para embarcarse no universo editorial: primeiramente, como distribuidor; despois, como autor. «Despois de ser libreiro atacoume esa enfermidade que vén de vello despois de estar lonxe da terra moito tempo, así que se me deu por escribir historias», asegura Losa.


Relato dun emigrante... de Santiago de Compostela a Montevideo, O vendedor de libros, Catro historias de emigrantes, Dous cofres de prata ou Desde o outro lado do mar. Os regresos do emigrante son algunhas das obras que publicou ata o momento, xunto con Centro Galego de Montevideo, a súa última creación. Estes días, de feito, visitou ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para facerlle entrega dun exemplar. «Nas páxinas deste libro van atopar unha anécdota moi divertida de don Otero Pedrayo, testemuños de Castelao e outras riquísimas historias nas que se entende un pouquiño máis a representación que ten Galicia fóra dela. É bo que se saiba que houbo e hai xente que se sente orgullosa de onde vén. Hai ese concepto de ‘‘o que se foi, foise’’ pero, en realidade, o que se foi segue vivindo Galicia de forma moi intensa», conta o escritor, que cre «admirable» o traballo que o Centro Galego de Montevideo desempeñou desde a súa fundación «de forma altruísta» para «protexer» e asesorar a todos eses emigrantes que cruzaban o charco «case sen saber ler».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2019
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas