GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración subliña o incremento que experimenta o retorno a Galicia

(07/10/2019)

Emigración subliña o incremento que experimenta o retorno a Galicia


Máis de 7.000 galegos volveron á súa terra durante o 2018


miranda




Global Galicia
A Voz Redacción 04/10/2019


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, subliñou onte o incremento que están a experimentar as cifras de retorno a Galicia, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra durante o 2018, o que supuxo o quinto exercicio consecutivo de aumento do retorno.

Destacouno este xoves durante o primeiro encontro de Retornados Galegos, organizado pola Irmandade Venezolana Galicia (HEVEGA) no Palacio da Ópera da Coruña, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Rodríguez Miranda destacou que os retornados necesitan en moitas ocasiones asesoramento e formación, de aí a «importancia de xornadas como esta e de cooperación coas entidades» que permiten «facilitar a volta a casa de moitos paisanos que, no caso concreto de Venezuela, están a atravesar unha situación excepcional».

«O retorno é unha oportunidade de xustiza para os galegos do exterior», afirmou o titular de Emigración, quen tamén resaltou a oportunidade que supoñen este tipo de xornadas.

Así mesmo, Rodríguez Miranda puxo en valor a Estratexia Retorna 2020, un documento transversal que busca atopar a volta a casa de 20.000 galegos para o ano 2020, algo para o que avogou tamén pola «colaboración entre administracións» na procura de adoptar as medidas necesarias en materia de homologación de títulos ou de permisos de residencia.

En concreto, en 2018, desde Venezuela regresaron a Galicia 3.546 emigrantes galegos ou descendentes con nacionalidade española e rexistrados nalgún concello da comunidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas