GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Laracha liderará un proxecto europeo que analizará a crise migratoria

(12/08/2019)

A Laracha liderará un proxecto europeo que analizará a crise migratoria

 

Obtivo a cuarta mellor puntuación de entre os case 300 programas presentados

 


Carballo / a voz 11/08/2019

 

O Concello da Laracha liderará a iniciativa Strengthening a Europe of solidarity in estafes of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración), un proxecto europeo centrado na crise migratoria. Segue así o consistorio aproveitando as oportunidades que ofrece a Unión Europea (UE) para fomentar as relacións entre municipios de diferentes países do continente, potenciando deste xeito a participación cívica dos seus cidadáns dentro do programa Europe for citizens.

 

Este proxecto en cuestión, segundo deu a coñecer onte o Concello, obtivo a cuarta mellor puntuación de entre os case 300 programas presentados no ámbito europeo, dos cales 160 pasaron á fase de valoración e, unicamente 18, resultaron aprobados pola UE. Os socios da Laracha, nesta ocasión, serán 21 municipios e entidades dunha vintena de países europeos: España, Alemaña, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía e Suecia.

 

Con que fin

 

A temática deste proxecto centrarase en tratar de alcanzar respostas á crise migratoria que se vive actualmente en Europea, desde os valores da comprensión, a integración e a creación de novos puntos de vista que permitan comprender e afrontar a tesitura. Será, en todo caso, un proceso participativo, no que os cidadáns, as asociacións civís e os representantes políticos poderán ser parte activa no desenvolvemento de propostas que permitan albiscar unha solución a tal problema. O método de traballo articularase ao redor da organización de cinco encontros transnacionales que non só se desenvolverán na Laracha, senón tamén en Irlanda, Lituana, Malta e Croacia, entre os meses de outubro do 2019 e xuño do 2020. Haberá, nestas citas, conferencias de expertos, visitas de estudo a entidades de acción social, mesas redondas na que estarán representados profesionais de distintos sectores, talleres multimedia que fomenten o debate e, tamén, dinámicas de inmersión intercultural.

 

Pertenza a Europa

 

En definitiva, tal e como apuntan desde o Concello larachés, Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración intentará proporcionar, desde a reflexión, ferramentas para apoiar o sentido de pertenza da cidadanía á Unión Europea, así como «promover a visión obxectiva e clara da realidade continental, habitando un mesmo espazo no que reine a comprensión, o respecto e a tamén solidariedade».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas