GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Soutelo de Montes imprégnase de sabor venezolano mañá

(02/08/2019)

Soutelo de Montes imprégnase de sabor venezolano mañá

 

 


02/08/2019

A comisión de festas de Soutelo de Montes organizou para mañá, a partir das 22.00 horas no parque Venezuela, unha festa gastronómica que porá en valor moitos dos pratos típicos da cociña venezolana. O prezo do convite será de 8 euros para aqueles que fagan a súa reserva na mercería Ana ou na farmacia Villar, ou de 10 euros para quen adquiran a súa entrada en despacho de billetes. O menú degustación incluirá receitas tradicionais do país suramericano como pan de xamón, tequeños, arepas de pito, tostones e bolitas de carne. Do mesmo xeito, tamén se servirán bebidas típicas como guarapo de papeleta con limón e mojitos, todo iso amenizado con música popular venezolana e caribeña.

 

Polo momento a organización vendeu un centenar de tickets entre a veciñanza de Forcarei e a súa contorna, que garda un estreito vínculo con Venezuela debido ás migracións do pasado século, que provocaron que a día de hoxe estean empadroadas no devandito municipio máis de 200 persoas de nacionalidade venezolana, ben sexa nadas alí, ou emigrantes retornados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas